Mafalda Soto Valdés

farmacéutica e especialista en medicina tropical

Mafalda Soto Valdés, nada en Ourense en 1982, é a fundadora e directora de “Beyond Suncare”, unha ONG adicada á mellora da calidade de vida das persoas con albinismo en África.[1][2]

Infotaula de personaMafalda Soto Valdés
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mafalda Soto é licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid e especializada en Medicina Tropical e Saúde Internacional pola Universidade de Barcelona. Dende 2008 até 2017 traballou no desenvolvemento de proxectos sociosanitarios con colectivos desfavorecidos en África Oriental. En 2017 fundou a ONG Beyond Suncare que desenvolve accións para previr o cancro de pel e promover a inclusión social das persoas con albinismo en África.[3] Esta ONG da apoio a 4000 persoas con albinismo en 4 países africanos e o seu modelo de servizos foi elixido Mellor Práctica polas Nacións Unidas.[4]

Recoñecemento editar

  • Premio Avanzadoras 2021, outorgado polo diario 20 minutos e Oxfam Intermon, que ten como obxectivo visibilizar ás mulleres que constrúen un mundo máis xusto e igualitario.[5]

Notas editar

  1. Referentes. "Mafalda Soto Valdés". Executivas (en castelán). Consultado o 2021-03-21. 
  2. "¿Y si fueras un fantasma para los demás? | En la red". Mujeres con ciencia (en castelán). 2021-03-07. Consultado o 2021-03-21. 
  3. "«Muchos albinos africanos se llaman Problema»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-06. Consultado o 2021-03-21. 
  4. Región, La (2020-03-29). "Esperanza para el albinismo". La Región (en castelán). Consultado o 2021-03-21. 
  5. 20minutos (2021-03-02). "Mafalda Soto, Marta Macho y Ana Freire, reconocidas como mujeres Avanzadoras por '20minutos' y Oxfam Intermón". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2021-03-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar