Madog ap Gwallter

Madog ap Gwallter (fl c. 1250) foi un poeta cortesán galés da época medieval.

Madog ap Gwallter
Nacementoséculo XIIxuliano
NacionalidadeGales
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Crese que Madog foi un freire franciscano que viviu a mediados do século XIII. É famoso por ter composto o poema máis antigo dos que chegaron ata nós sobre a natividade de Xesús en galés: Geni Iesu ou Mab a'n rhodded.

Só conservamos tres dos seus poemas. Os textos de dous deles atópanse no Llyfr Coch Hergest.

É posíbel que Madog sexa o autor dun longo poema latino que celebra as virtudes militares dos britóns Ou sexa os galeses) e as súas vitorias fronte os ingleses. Este poema nacionalista consérvase nun manuscrito (Caerdydd 2.611) que se data de finais do século XIII ou principios do XIV. O autor deste poema aparece mencionado como Frater Walensis madocus edeirnianensis ('Irmán galés Madog de Edeirnion').

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Rhian M. Andrews (ed.), 'Gwaith Madog ap Gwallter', in Gwaith Bleddyn Fardd a beirdd eraill ail hanner y drydedd ganrif ar ddeg (Cardiff, 1996). O texto dos poemas.
  • Andrew Breeze, Two Bardic Themes: The Virgin and Child, and Ave-Eva, Medium Aevum (Society for the Study of Mediaeval Languages and Literature, 1994).
  • Thomas Parry (ed.): Blodeugerdd Rhydychen o Farddoniaeth Gymraeg (Gwasg Prifysgol Rhydychen, 1962). Edición do Geni Iesu en ortografía algo máis tardía.