Madhubala

actriz india

Mumtaz Jehan Begum Dehlavi, coñecida como Madhubala, nada en Delhi (India Británica) o 14 de febreiro de 1933 e finada en Bandra (Mumbai) o 23 de febreiro de 1969, foi unha actriz cinematográfica india que protagonizou filmes clásicos de Bollywood. Coñecida popularmente como A bela con traxedia e a Venus do cinema indio, foi célebre pola súa beleza e por protagonizar filmes de éxito comercial do cinema hindi.[1][2] Estivo activa entre 1942 e 1964.[3]

Modelo:BiografíaMadhubala
Nome orixinal(ps) مدهوبالا Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Nova Deli, India Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Bombai, India Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBombai Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata - 1960 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKishore Kumar (1960–1969) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0534870 Allocine: 119575 Allmovie: p518857
Musicbrainz: 2d81d67a-74c3-4362-8da9-ebfb82f0a260 WikiTree: Dehlavi-1 Editar o valor en Wikidata

Considerada unha das actrices máis icónicas e influentes da historia do cinema hindi, debutou nun pequeno papel de nove anos no filme Basant (1942) mais a súa carreira realmente comezou en 1947, cando fixo o seu primeiro filme con Raj Kapoor aos catorce anos, Neel Kamal (1947).[4] Nunha carreira que se estendeu case dúas décadas, Madhubala participou en máis de sete filmes de xéneros variados como Mahal (1949), Dulari (1949), Beqasoor (1950), Tarana (1951), Amar (1954), Mr. & Mrs. '55 (1955), Chalti Ka Naam Gaadi (1958), Howrah Bridge (1958) e Mughal-e-Azam (1960) con actores como Dilip Kumar, Guru Dutt, Ashok Kumar, Dev Anand e Kishore Kumar. Recibiu a súa única candidatura a un premio Filmfare á mellor actriz pola súa interpretación en Mughal-e-Azam (1960).[5]

En 1951, captou o interese de Hollywood cando o director de fotografía James Burke visitou a India e fotografouna para a revista Life. No artigo foi denominada "a maior estrela" da industria cinematográfica internacional. Madhubala foi comparada con Marilyn Monroe: o aspecto ardoroso, a carreira curta e o tráxico final:

Hai unha notable semellanza na suave vulnerabilidade das súas caras. O mesmo desenfreo no riso, a cabeza cara a atrás, o mesmo brillo incandescente.
Khatija Akbar, biógrafo de Madhubala

Era unha grande afeccionada a Hollywood, e mentres visitaba Bombay, Frank Capra intentou darlle unha oportunidade nos Estados Unidos, mais o seu pai rexeitouno.

Madhubala tivo unha longa relación co actor Dilip Kumar, mais casou co seu coprotagonista de Chalti Ka Naam Gaadi, Kishore Kumar en 1960. Xuntos traballaron en filmes como Dhake Ki Malmal (1956), Chalti Ka Naam Gaadi (1958), Jhumroo (1961) e Half Ticket (1962). O seu matrimonio durou nove anos e acabou coa morte de Madhubala tras unha longa enfermidade aos 36 anos. O seu último filme, Jwala, rodado na década de 1950, estreouse en 1971.

Legado

editar

A forte presenza de Madhubala na memoria do público evidénciase en todas as recentes enquisas sobre as principais actrices ou belezas do cinema da India.[6][7][8] Cada ano, no aniversario do seu nacemento, publícanse numerosos artigos e emítense programas de televisión para conmemorala. Os seus carteis aínda están á venda xunto cos de actrices contemporáneas como Meena Kumari, Nargis, Waheeda Rehman e Nutan. As revistas modernas continúan a publicar historias da súa vida persoal e a súa carreira, e adoitan promocionar o seu nome para atraer vendas. No especial de 2007 para o Día Internacional da Muller de Rediff.com, Madhubala foi escollida segunda na lista das dez mellores actrices de Bollywood.[9] Con todo, moitos cren que Madhubala é unha das actrices máis infravaloradas, xa que "a súa beleza atraía máis atención que o seu talento".[10]

O 18 de marzo de 2008 emitiuse un selo conmemorativo que representa a Madhubala.[11] O selo foi producido por India Post nunha serie limitada. Só outra actriz, Nargis Dutt, fora honrada deste xeito con anterioridade.[12]

O 10 de agosto de 2017, o centro de Nova Delhi de Madame Tussauds amosou a estatua de Madhubala como a célebre cortesana Anarkali de Mughal-E-Azam como tributo á actriz. O centro Madame Tussauds abriu en Nova Delhi o 1 de decembro de 2017.

En 2018 The New York Times publicou un obituario tardío para ela.[13]

Filmografía

editar
Filme Ano Personaxe
Basant 1942 Manju
Mumtaz Mahal 1944
Dhanna Bhagat 1945
Rajputani 1946
Pujari 1946
Phoolwari 1946
Saat Samundaron Ki Mallika 1947
Mere Bhagwan 1947
Khubsoorat Duniya 1947
Dil-Ki-Rani 1947
Chittor Vijay 1947
Neel Kamal 1947 Princesa Kamala
Parai Aag 1948
Lal Dupatta 1948
Desh Sewa 1948
Amar Prem 1948
Sipahiya 1949
Singaar 1949
Paras 1949 Priya
Neki Aur Badi 1949
Mahal 1949 Kamini
Imtihaan 1949
Dulari 1949
Daulat 1949
Apradhi 1949
Pardes 1950 Chanda
Nishana 1950
Nirala 1950 Poonam
Madhubala 1950
Hanste Aansoo 1950
Beqasoor 1950 Usha
Tarana 1951 Tarana
Saiyan 1951 Saiyan
Nazneen 1951
Nadaan 1951
Khazana 1951
Badal 1951 Ratna Singh
Aaram 1951 Leela
Saqi 1952 Rukhsana
Sangdil 1952 Kamal
Rail Ka Dibba 1953 Chanda
Armaan 1953
Bahut Din Huye 1954 Chandrakanta
Amar 1954 Anju
Teerandaz 1955
Naqab 1955
Naata 1955
Mr. & Mrs. '55 1955 Anita Verma
Shirin Farhad 1956 Shirin
Raj Hath 1956 Raja Beti
Dhake Ki Malmal 1956
Yahudi Ki Ladki 1957
Gateway of India 1957 Anju
Ek Saal 1957 Usha Sinha
Police 1958
Phagun 1958 Banani
Kalapani 1958 Asha
Howrah Bridge 1958 Edna
Chalti Ka Naam Gaadi 1958 Renu
Baghi Sipahi 1958
Kal Hamara Hai 1959 Madhu/Bela
Insaan Jaag Utha 1959 Gauri
Do Ustad 1959 Madhu Sharma
Mehlon Ke Khwab 1960 Asha
Jaali Note 1960 Renu/Beena
Barsaat Ki Raat 1960 Shabnam K. Bahadur
Mughal-e-Azam 1960 Anarkali
Passport 1961 Rita Bhagwandas
Jhumroo 1961 Anjana
Boy Friend 1961 Sangeeta
Half Ticket 1962 Rajnidevi/Asha
Sharabi 1964 Kamala
Jwala 1971
  1. Booch, Harish and Doyle, Karing.(1962). Self-Portraitt. Bombay: Jai Gujerat Press. pp. 75-78.
  2. Lanba, Urmila. (2012). Bollywood's Top 20: Superstars of Indian Cinema (Patel, B, ed.). páx. 114-28.
  3. Gangadhar, V. (17 de agosto de 2007). "They now save for the rainy day". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 5 de outubro de 2011. 
  4. Dhawan, M.L. (6 de abril de 2008). "Mark of Madhubala". The Tribune (Chandigarh). Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  5. Bhagat, Rasheeda (31 de maio de 2011). "Madhubala's timeless beauty". Business Line. Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  6. "Poll: Most Popular Actress". filmfare.com. 30 de abril de 2013. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  7. "Bollywood's best actresses. Ever. (Wet, wild and on the run, honey)". Rediff.com. Consultado o 2 de xuño de 2012. 
  8. Lanba, Urmila. (2012). Bollywood's Top 20: Superstars of Indian Cinema (Patel, B, ed.). páx. 126.
  9. "Happy Birthday Madhubala". Indian Express. 14 de febreiro de 2012. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  10. Lanba, Urmila. (2012). Bollywood's Top 20: Superstars of Indian Cinema (Patel, B, ed.). páx. 118.
  11. Bhagria, Anupam (18 de maio de 2008). "Postal stamp released on the legendary Madhubala". The Indian Express. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de xuño de 2012. 
  12. Mihir, Trivedi (19 de marzo de 2008). "Postal Dept. stamps yesteryear star Madhubala". IBN Live. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2012. 
  13. Khan, Aisha. "Madhubala, a Bollywood Legend Whose Tragic Life Mirrored Marilyn Monroe’s – The New York Times". Nytimes.com. Consultado o 9 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Akbar, Khatija (1997). Madhubala: her life, her films. UBS Publishers Distributors. ISBN 978-81-7476-153-8. 
  • Akbar, M. J. Sunday Magazine, 5 de agosto de 1996
  • Bajaj, Rajiv K. (ed.). The Daily, 26 de maio de 1996
  • Bhattacharya, Rinki. Bimal Roy: A man of silence, South Asia Books
  • Cort, David. Theatre Arts, agosto de 1952; Vol. XXXVI No. 8
  • Deep, Mohan. Madhubala: The Mystery and Mystique, Magna Publishing Co. Ltd.
  • Joshi, Meera. Madhubala: Tears in Heaven Filmfare, 14 de maio de 2008
  • Kamath M.V. The Daily, xuño de 1996
  • Karanjia, B.K. Dates with Diva, Deccan Chronicle, 17 de decembro de 2006
  • Khan, Aisha. "Madhubala, 1933-1969", New York Times, 8 de marzo de 2018.
  • Raheja, Dinesh. The Hundred Luminaries of Hindi Cinema, India Book House Publishers
  • Rajadhyaksha, Ashish; Willemen, Paul. The Encyclopedia of Indian Cinema, Fitzroy Dearborn Publishers
  • Reuben, Bunny. Follywood Flashback, Indus publishers
  • Sawhney, Clifford. Debonair', xuño de 1996
  • Singh, Khushwant. Sunday Observer 23–29 de xuño de 1996