Madame de Sade

Madame de Sade é unha obra estrita por Yukio Mishima en 1965.

Madame de Sade é unha obra de ficción histórica baseada na vida de Renée de Sade, a muller do Marqués de Sade. Narra as vicisitudes de Renée, a súa familia e os seus achegados durante as diversas estancias en prisión do seu marido. Todas as personaxes que aparecen en escena son mulleres. Despois de ler sobre o Marqués e Madame de Sade, Mishima preguntouse por que Renée agardou até que o seu home estivese fóra da cadea para separarse del definitivamente.

PersonaxesEditar

  • RENÉE, Marquesa de Sade
  • MADAME DE MONTREUIL, a nai de Renée
  • ANNE, a irmá máis nova de Renée
  • BARONESSE DE SIMIANE
  • COMTESSE DE SAINT-FOND
  • CHARLOTTE, ama de chaves de Madame de Montreuil

Segundo Mishima, cada personaxe simboliza algún aspecto da natureza humana, por isto a obra funciona como unha alegoría. Madame de Sade (Renée) representa a devoción propia dunha esposa; Madame de Montreuil é a lei, a sociedade, a moralidade; Anne representa a candidez feminina e a falta de principios; Madame de Simaine a relixión; Madame de Saint-Fond o desexo carnal; Charlotte representa, finalmente, á xente corrente.