O MV Erkowit foi un buque cargueiro con bandeira sudanesa que en novembro de 1970 quedou embarrancado na ría da Coruña.

Praia de Bastiagueiro, en Oleiros

Características do barco editar

O Erkowit era un barco mercante de 4950 toneladas.[1] Recibía o seu nome da localidade homónima sudanesa.[2]

Accidente editar

O 30 de outubro de 1970, o Erkowit, con 60 tripulantes a bordo, navegaba a 12 millas do cabo Vilán, estaba facendo a ruta entre Liverpool e Port Sudan cando en medio dunha densa néboa chocou co buque alemán Dortmund, que rescatou os tripulantes, á altura do cabo Vilán.[3][4] O barco sudanés foi o máis danado, cun buraco, no seu lado de estribor, de oito metros de diámetro que chegaba á cuberta. A pesar disto, a nave permaneceu a flote. O remolcador alemán Rotesand, con base na Coruña, remolcou o Erkowit ata a baía da Coruña para intentar a súa reparación.[5]

Unha vez dentro da ría, o práctico do porto, que subira a bordo do Rotesand, ordenou aos capitáns do Erkowit e do Rotesand que permanecesen sen entrar no porto nin moverse, ata novo aviso, na zona onde estaban, entre os puntos de Punta Mera e Punta Canabal, fronte á praia de Bastiagueiro. Pero en canto o práctico desembarcou, ambos os capitáns, e de mutuo acordo, decidiron varar o Erkowit na enseada que forma Punta Fiaiteira e a punta de Porto Cobo en Santa Cruz, Oleiros. O Rotesand suspendeu entón os traballos de rescate do Erkowit, abandonando o rescate.

Durante as seguintes horas e días intentaron tapar as vías de auga no casco para reflotalo e salvar a nave e a súa carga. Pero o mal tempo complicou a operación. O 12 de decembro, un dos mergulladores da Mariña que traballaba na reparación, Antonio Rondón Guil, faleceu cando, mentres se mergullaba na bodega número 4 do barco, o seu conduto de respiración rompeuse. Dous barcos participantes nos labores de rescate afundíronse.

Finalmente foi imposible taponar as vías e o barco afundiu o día 31 de outubro na praia de Bastiagueiro provocando a perda da súa carga, formada, entre outros produtos, por 2000 bidóns de insecticida.[5]

Os restos do barco foron despezados.[6]

Impacto ecolóxico editar

O embarrancamento provocou unha vertedura tóxica. O marisqueo e a pesca prohibíronse na ría durante case un ano, e a vertedura supuxo o fin das bateas de mexillón que ata o momento poboaban a ría e a morte de numerosas especies mariñas nas rías de Ferrol, Ares e Coruña.

O 24 de novembro de 1971 levantouse totalmente a prohibición da pesca e o marisqueo na baía da Coruña e na ría do Burgo.[7]

Notas editar

  1. Lema Mouzo, Rafael (2014). Catálogo de naufragios. Costa da Morte (PDF) (en castelán). Elven, Don Clic. Consultado o 26-12-2017. 
  2. "Discover Sudan!". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  3. "La diabólica saga del mar". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  4. Blog El róbalo
  5. 5,0 5,1 Erkowit
  6. Blog Desde la croa
  7. "Levantamiento de la prohibición de marisqueo en la ría coruñesa". ABC (en castelán). 26-11-1971. Consultado o 26-12-2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar