MD Helicopters MD 600

O MD Helicopters MD 600N é un helicóptero utilitario lixeiro civil deseñado nos Estados Unidos. É un desenvolvemento agrandado de oito asentos do helicóptero MD 520N de cinco prazas.

MD Helicopters MD 600
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteMcDonnell Douglas Helicopter Systems
MD Helicopters
Primeiro voo22 de novembro de 1994
Principais usuariosPatrulla Fronteiriza dos Estados Unidos
Produción1995 - presente

Deseño e desenvolvemento editar

McDonnell Douglas Helicopter Systems (MD Helicopters dende 1999) anunciou que estaba desenvolvendo un MD 520N alongado a finais de 1994, nese momento designado como MD 630N.[1] O prototipo, un MD 530F modificado, realizou o seu primeiro voo o 22 de novembro de 1994. McDonnell Douglas deu o visto e prace á produción do helicóptero, redesignado MD 600N, en marzo de 1995.

McDonnell Douglas alongou a fuselaxe do MD 520N insertando un tapón detrás do tabique da cabina e alongando a cola onde estaba sistema NOTAR. A fuselaxe máis longa permitía instalar unha fila máis de asentos. Outras diferenzas en comparación co MD 520N eran un novo rotor principal de seis pás (o MD 520N tiña cinco) e un actualizado motor turboeixo Allison (agora Rolls-Royce) Model 250.

O prototipo modificouse ao estándar MD 600N cun motor e unha cola estándar de produción e voou en novembro de 1995, seguido seis meses despois polo primeiro prototipo de produción.[1] A súa certificación chegoi o 15 de maio de 1997, e as entregas comezaron no mes seguinte.

Tras a fusión de Boeing e McDonnell Douglas en 1997, Boeing vendeu as antigas liñas de helicópteros civís de MD á compañía neerlandesa RDM Holdings a principios de 1999.[1]

O 8 de marzo de 2017 MD Helicopters desvelou unha variante conceptual coñecida como o MD 6XX.[2] A diferenza do MD 600, o MD 6XX utiliza un rotor de cola tradicional e comparte o deseño da cola en T dos máis pequenos MD 500/530F.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Frawley, Gerard (2003). The international directory of civil aircraft, 2003/2004. Shrewsbury: Airlife. ISBN 1875671587. OCLC 1244855546. 
  2. "MD unveils MD 6XX concept helicopter". Vertical Mag (en inglés). Consultado o 2022-04-28. 
  3. "MD Helicopters Debuts MD 6XX Concept Aircraft at HAI Heli-Expo 2017 - MD Helicopters". www.mdhelicopters.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2022. Consultado o 2022-04-28.