O M18 Hellcat foi un cazacarros estadounidense da segunda guerra mundial. Armado cun canón de 76 mm, foi o vehículo blindado de combate con cadeas máis rápido da guerra, cunha velocidade máxima de 92 quilómetros por hora. kph)[1]. Esta velocidade logrouse equipándoo cunha blindaxe mínima, de non máis dunha polgada de espesor. As tripulacións do Hellcat aproveitáronse da súa velocidade para minimizar a habilidade do inimigo para perforar a súa delgada blindaxe.

M18 Hellcat
Tipocazacarros
OrixeEstados Unidos
En servizo1944 - 1957 (EEUU)
FabricanteBuick de General Motors
Construídos2507
Peso17.67 toneladas
Lonxitude5283 milímetros
Anchura2.87 metros
Altura2.57 metros
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

En decembro de 1941 o Corpo de Artillaría emitiu un requirimento para o deseño dun cazacarros rápido que usase unha suspensión Christie, o motor Wright/Continental R-975 e un canón de 37 mm.

O M18 orixinouse a partir do estudo de deseño de Harley Earl, da compañía Buick, unha división de General Motors. O seu equipo tamén traballou extensamente nas primeiras pinturas de camuflaxe, e incluso o logo do frontal do M18 e as insignias que vestían os seus tripulantes foron froito do seu traballo. Flanqueado polas palabras "Seek, Strike, Destroy" (busca, golpea, destrúe), representa a un gato salvaxe mordendo as cadeas dun carro de combate.

Os enxeñeiros de Buick iniciaron os traballos do Hellcat a partir dos bosquexos do equipo de deseño e desenvolveron unha innovadora suspensión de barra de torsión que lle proporcionaba unha condución estable. Aínda que pesaba ao redor de 20 toneladas, o Hellcat foi deseñado para ser un dos carros máis rápidos do campo de batalla, e foi capaz de acadar os 92 Km/h. A súa potencia proporcionáballa un motor radial de nove cilindros, con 450 cabalos, semellante ao dos avións, cunha transmisión Hydramatic de tres velocidades.

"O Hellcat foi considerado o coche de carreiras da Segunda Guerra Mundial", dixo Bill Gross, un historiador que restaurou un M18 que agora está exposto no Sloan Museum en Flint, Míchigan. "Para dar unha perspectiva, a meirande parte dos carros alemáns do momento eran capaces de moverse tan só a 32 Km/h, e incluso hoxe en día o M1 Abrams é superado polo Hellcat".

Durante os combates no Norte de África, o canón orixinal de 37 mm demostrou ser pouco axeitado e o deseño foi mellorado un canón británico de 57 mm. Durante o proceso de desenvolvemento, o deseño foi mellorado aínda máis cun canón de 75 mm, e finalmente cun de 76 mm. O requirimento dunha suspensión Christie tamén foi desbotado, e esta foi substituída por unha de barra de torsión. O deseño estandarizouse en febreiro de 1943 e a fabricación comezou en xullo de 1943, rematando en outubro de 1944.

Notas editar

  1. "M18 Hellcat Tank Destroyer 1943-97" por Steven J Zaloga P14.ISBN 1-84176-687-9