Miguel Anxo Murado García

biólogo galego
(Redirección desde «M. Anxel Murado García»)


Miguel Anxo Murado García, nado en Lugo o 1 de maio 1945,[1][2] é un biólogo galego.

Infotaula de personaMiguel Anxo Murado García
Biografía
Nacemento1 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3789500

Traxectoria editar

Fillo de José Antonio Murado López e Ángela García Ouro e neto de Manuel García Blanco. En 1972, fixo o doutoramente en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid[2] cunha tese sobre a degradación de insecticidas no chan.

Traballou como profesor do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de investigación do CSIC en Madrid.

Pouco despois de 1978, retorna a Vigo para traballar no Instituto de Investigacións Mariñas.[3] Este organismo, creado en 1951, como un laboratorio costeiro dependía do Instituto de Investigaciones Pesqueras de Barcelona, pero en 1978, se independiza e adopta o mesmo nome[4] e foi o seu director entre 1983 e 1987. En 1986, baixo o seu mandato, mudou ó nome actual de Instituto de Investigacións Mariñas, do cal foi o seu vicedirector de 1990 a 1994.[2]

E membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas e os seus artigos adoitan ser citados en Science Citation Index (SCI).[2]

Obras editar

Obras colectivas editar

  • Contaminación del medio por plaguicidas organoclorados. X, 1977.
  • Ecología y política en España, 1978.

Vida persoal editar

Casou con Blanca Nieves Lorenzo Royo.

Notas editar

  1. Fernández Salgado 2012, p. 30
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Enciclopedia Galega Universal, tomo 12 (2002), p. 282
  3. 3,0 3,1 Fernández Salgado 2012, p. 36
  4. "Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo". iim.csic.es (en castelán). 12 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar