Músculo semitendinoso

O músculo semitendonoso é un músculo do membro inferior.

Músculo semitendinoso

CaracterísticasEditar

Está situado xunto o bíceps femoral no compartimento posterior da coxa. Orixínase xunto coa porción longa do bíceps femoral na parte infero-medial da área superior da tuberosidade isquiática. Na metade inferior da coxa e orixina un tendón longo en forma de cordón, que se dispón sobre o músculo semimembranoso e descende cara o xeonllo. O tendón cúrvase ao redor do cóndilo medial da tibia, xusto por debaixo dos tendóns dos músculos grácil e sartorio.

FunciónEditar

Flexiona a perna na articulación do xeonllo e estende a coxa na articulación da cadeira. Actuando xunto ao músculo semimembranoso, tamén rota en sentido medial a coxa na articulación da cadeira e rota en sentido medial a perna na articulación do xeonllo.

VascularizaciónEditar

Está vascularizado pola arteria glútea inferior.

InnervaciónEditar

Está innervado pola división tibial do nervio ciático.