Músculo psoas-ilíaco
O músculo psoas-ilíaco é un músculo do abdome e da parta anterior da coxa. Está formado por dúas porcións, unha superior, o psoas maior e unha inferior, o ilíaco:
- Psoas maior: insírese na columna vertebral, nas apófises costiformes na décimo segunda vértebra dorsal e das cinco vértebras lumbares. Descende cara ás porcións ilíacas do coxal.
- Ilíaco: insírese no bordo interno da crista ilíaca e nas espiñas ilíacas.
Por debaixo do arco crural únese e insírense xuntos no trocánter menor da epífise superior do fémur. Ao longo do traxecto está en íntima relación co plexo lumbar e con diversas estruturas, que inclúen os vasos ilíacos, os riles e os uréteres.
Función
editarTen unha dobre función:
- Flexor da cadeira e lixeiro rotador externo da coxa, a través das insercións de orixe.
- Flexor do tronco, a través das insercións distais.
Innervación
editarRecibe febras do plexo lumbar e do nervio ciático.