Músculo platisma
O músculo platisma é un músculo superficial do pescozo, moi fráxil. Ten forma cuadrangular e cobre unha área relativamente extensa. Está moi pegado á pel. De feito, cando se fan disecións do pescozo, a miúdo o músculo é cortado e levantado coa pel.
InserciónsEditar
- Cranealmente: Cara anterior do corpo da mandíbula. Tamén no bordo inferior dese óso.
- Caudalmente: Bordo superior do esterno.
Vascularización e innervaciónEditar
- Vascularizado polos vasos superficiais do pescozo.
- Innervación no nervio facial ou VII par cranial
FunciónEditar
Descende a mandíbula.
RelaciónsEditar
- Superficiais: pel e tecido subcutáneo.
- Profundas: co músculo esternocleidomastoideo