Músculo pectíneo


O músculo pectíneo (musculus pectineus), é un músculo forte, plano e cuadrangular da perna, en forma de pente; de aí o seu nome[1]. Atópase ao nivel da ingua, e esténdese dende o óso coxal até o fémur, tanto en humanos como noutros animais mamíferos, como os cans por exemplo.[2]

Pectíneo
Gray's subject #128 472
Orixe columna pubiana
Inserción    liña de pectina do fémur
Vascularización arteria obturadora
Innervación nervio obturador
Accións cruzamento das pernas

Xunto cos músculos adutores da perna (adutor maior, longo e curto) moven a coxa de fóra para dentro nun movemento chamado adución.[3] Son músculos que permiten o movemento de cruzar a perna sobre a outra.

Insercións editar

As insercións superiores ou posteriores trazan unha liña lixeiramente horizontal, desde a columna pubiana, a través da crista da pectina e o ligamento pectíneo por riba da crista,[4] despois o labio anterior do suco obturador e a cara profunda da fascia que cobre este músculo.

A inserción inferior realízase na liña de trifurcación medial da liña rugosa do fémur,[5] por debaixo do trocánter menor, na chamada liña de pectina do fémur.

Innervación e irrigación editar

A innervación é por unha rama muscular do nervio femoral (nervio musculocutáneo interno)[6] (L2, L3), e ocasionalmente polo nervio obturador.[7]

A súa irrigación arterial provén da arteria obturadora, unha rama da arteria ilíaca interna.

Imaxes editar

Diseccións onde se pode observar o músculo pectíneo editar

Notas editar

  1. "Dicionario; pectíneo". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-21. 
  2. Carlos López Plana, Manuel López Béjar. Departament de Sanitat i d'Anatomia Animals[Ligazón morta permanente]. Facultade de Veterinaria. Universitat Autònoma de Barcelona.
  3. Sánchez, Aniceto Méndez. "DEPARTAMENTO DE ANATOMÍA Y ANATOMÍA PATOLÓGICA COMPARADAS" (PDF). www.uco.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 2022-05-21. 
  4. "APUNTES DE ANATOMIA". www.iqb.es. Consultado o 2022-05-21. 
  5. Universidad de Granada
  6. "ortopedia.cl - This website is for sale! - Ortopedia Resources and Information.". www.ortopedia.cl. Consultado o 2022-05-21. 
  7. "Pectíneo". Apuntes de anatomia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 21 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Pect Páxina de Anatomía da universidade LUC