Módulo de Thiele

O módulo de Thiele foi desenvolvido por E.W. Thiele no seu artigo Relación entre o tamaño e a actividade catalizadora dunha partícula en 1939.[1] Thiele razoou que cun tamaño de partícula suficientemente grande, a velocidade de reacción é tan rápida que as forzas de difusión só son capaces de levar produto fóra dende a superficie da partícula de catalizador. O módulo de Thiele era entón desenvolvido para describir a relación entre a difusión e a velocidade de reacción en partículas de catalizadores porosos sen limitacións de transferencia da masa. Este valor é xeralmente empregado para determinar o valor do factor de efectividade en partículas de catalizador.

O módulo de Thiele é representado con diferentes símbolos en diferentes textos, mais é definido en Hill[2] como hT.

NotasEditar

  1. Thiele, E.W. Relation between catalytic activity and size of particle. Industrial and Engineering Chemistry, 31 (1939), pp. 916–920
  2. Hill, C. An Introduction to Chemical Engineering and Reactor Design. John Wiley & Sons, Inc. 1977, 440-446.