O método de Mowry é unha técnica descrita por Robert W. Mowry para a demostración de mucopolisacáridos ácidos.

Fundamento editar

Certas mucinas do tecido conxuntivo son capaces de absorber o hidróxido férrico coloidal, poñendo o ferro de manifesto por medio do azul de Prusia. Esta técnica combínase na actualidade co PAS. Cómpre realizar seccións dobres posto que en determinadas ocasións esta tinguidura se ve dificultada por outras substancias diferentes ós mucopolisacáridos, que se ven atraídos polas partículas metalicasacaridos, perdendo a súa utilidade histoquímica. Emprégase extensivamente no estudo de neoplasias epiteliais renais, así como granulomas na pel.

Preparación da mostra editar

Os mellores resultados obtéñense cando a preparación está fixada en formol, incluída en parafina e seccionada a 6 micrómetros.

Reactivos editar

Os reactivos necesarios para a realización desta técnica son os seguintes:

Solución hidrato de ferro acético (Solución Stock) editar

    1. 250cc auga destilada en ebulición.
    2. 4,4cc solución acuosa de cloruro férrico 39%.

Solución de traballo editar

    1. 4cc sol. stock.
    2. 1cc ácido acético 12%.
    3. 3cc auga destilada.

Solución ferrocianuro clorhídrico (mesturar a partes iguais) editar

    1. ferrocianuro potásico 2%.
    2. ácido clorhídrico 2%.

Procedemento editar

A técnica de tinguidura é como segue:

  1. desparafinar e hidratar mostras.
  2. enxaugar en ácido acético 12%, 30 seg.
  3. solución de traballo, 1 hora.
  4. 4 baños en ácido acético 12%, 3 min. cada un.
  5. solución ferrocianuro clorhídrico, 20 min.
  6. auga corrente, 5 min.
  7. diferenciar con vermello nuclear, 5 min.
  8. lavar con auga destilada.
  9. deshidratar, aclarar e montar.

Resultados editar

  • Mucopolisacáridos ácidos: azul.
  • Núcleos: vermello.
  • Citoplasma: amarelo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Luna, G. (1968): Manual of histological staining methods of the armed forces Institute of Pathology. Nova York: McGraw-Hill Book Co. 3ª edición.
  • García del Moral, Raimundo (1993). Interamericana Mc Graw Hill, ed. Laboratorio de anatomía patológica (1 Ed ed.). 

Ligazóns externas editar