Medici

Familia nobre
(Redirección desde «Médici»)

Os Medici ou Médici foron unha poderosa familia de Florencia, con tres papas, numerosos dirixentes da zona de Florencia, e membros na familia real de Francia e Inglaterra. Mais, sobre todo, é recoñecido o seu labor na arte do renacemento.

Medici
PaísDucado de Florencia
Gran Ducado de Toscana
FundadorCosme de Medici o Vello
FundaciónSéculo XIV
Disolución1737 Gian Gastone de Medici morreu sen descendencia
Escudo de armas dos papas Medici, León X, Clemente VII, Pío IV e León XI.

Medicis notábeis

editar
  • Salvestro Medici (1331 - 1338), liderou o asalto contra a revolta dos ciompi, converténdose en ditador de Florencia, até a súa expulsión no 1382.
  • Xoán di Bicci de Medici (1360 - 1429), recuperou a fortuna familiar, sendo a máis rica de Europa.
  • Cosme o Maior (1389 - 1464) fundou a dinastía política familiar.
  • Lourenzo de Medici, alcumado "Lourenzo o Magnífico" (1449 - 1492 ), dirixiu Florencia durante a súa idade de ouro no renacemento.
  • León X , Xoán de Medici (1475 - 1523), foi papa.
  • Clemente VII, Xulio de Medici (1478 - 1534), tamén se fixo papa.
  • Cosme I, Cosme o Grande (1519 - 1574), primeiro Gran Duque de Toscana, restaurou o brillo familiar.
  • Catarina de Medici (1519 - 1589), foi raíña de Francia.
  • León XI - Alexandro Octaviano de Medici (1535 - 1605), outro papa.
  • María de Medici (1573 - 1642), tamén raíña e rexente de Francia.
  • Ana María Luisa Medici (1667 - 1743), quedou como a derradeira Medici.

Árbore xenealóxica da familia Medici de 1360 até 1675

editar
Giovanni di Bicci de Medici (1360-1429)
|
+-Cosme de Medici "o vello" (1389-1464)
| |
| +-Pedro de Cosme de Medici "o gotoso" (1416-1469), Señor de Florencia
| | |
| | +-Xuliano de Medicis (1453-1478)
| | | |
| | | +-Xulio de Medici (1478-1534), papa Clemente VII
| | |   |
| | |   +-Alexandre de Medici "il Moro" (1511-1537), duque de Toscana
| | |     + Xulio Alexandro de Medici (ca. 1533-1600)
| | |     |
| | |     + Xulia de Medici (ca. 1535-??)
| | |
| | +-Lourenzo de Medici "o magnífico" (1449-1492), señor de Florencia
| |   |
| |   +-Lucrecia de Medici (1470-1550)
| |   | |
| |   | +-María Salviati (1499-1543)
| |   | +-Francesca Salviati
| |   |   |
| |   |   +- Alexandro de Medici (1535-1605), papa León XI
| |   |
| |   +-Pedro de Medici (1472-1503), señor de Florencia
| |   | |
| |   | +-Lourenzo II de Medici (1492-1519), duque de Urbino
| |   |   +-Catarina de Medici (1519-1589)
| |   +-Magdalena de Medici (1473-1528)
| |   |
| |   +-Giovanni de Medici (1475-1521), papa León X
| |   |
| |   +-Xuliano de Medici (1479-1516), duque de Nemours
| |   |   |
| |   |   +-Hipólito de Medici (1511-1535), cardeal
| |   |
| |   +-Contessina de Medici (??-1515)
| |
| +-Xoán de Cosme de Medici(1421-1483)
| |
| +-Carlos de Medici (1430-1492)
|
+-Lourenzo de Medici (1395-1464)
  |
  +-Pierfrancesco de Medici (1430-1476)
    |
    +-Lourenzo de Medici (1463-1503), señor de Piombino
    | |
    | +-Pierfrancesco de Medici (1487-1525)
    |   |
    |   +-Laudomia de Medici
    |   |
    |   +-Lorenzino de Medici (1514-1548)
    |   |
    |   +-Xuliano de Medici (ca. 1520-1588)
    |   |
    |   +-Magdalena de Medici (?-1583)
    |
    +-Giovanni de Medici "o populista" (1467-1498)
      |
      +-Giovanni de Medici delle Bande Nere (1498-1526)
        |
        +-Cosme I de Medici (1519-1574), gran duque de Toscana
          |
          +-Francisco I de Medici (1541-1587), gran duque de Toscana
          | |
          | +-Eleonora de Medici (1567-1611)
          | |
          | +-María de Medici (1573-1642), raíña de Francia         
          | +-Antonio de Medici (1576-1621)
          |
          +-Isabella de Medici (1542-1576)
          |
          +-Giovanno de Medici (1543-1562), cardeal
          |
          +-Lucrecia de Medici (1545-1562),            
          +-Fernando I de Medici (1549-1609), gran duque de Toscana
          | |
          | +-Cosme II de Medici (1590-1621), gran duque de Toscana
          | | |
          | | +-Fernando II de Medici (1610-1670), gran duque de Toscana
          | | | |
          | | | +-Cosme III de Medici (1642-1723), gran duque de Toscana
          | | |   |
          | | |   +-Fernando III de Medici (1663-1713)
          | | |   |
          | | |   +-Ana Maria Luisa de Medici (1667-1743)
          | | |   |
          | | |   +-Gian Gastone de Medici (1671-1737), gran duque de Toscana
          | | |
          | | +-Giovanno Carlo de Medici (1611-1663)            
          | | +-Margarida de Medici (1617-1675)            
          | | +-Ana de Medici (1616-1676)           
          | | +-Leopoldo de Medici (1617-1675), cardeal
          | |
          | +-Claudia de Medici (1604-1648)           
          +-Pietro de Medici (1554-1604)
          |
          +-Virxinia de Medici (1568-1615)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.