Máquina simple
Unha máquina simple é un aparello mecánico que transforma un movemento noutro diferente, valéndose da forza recibida para entregar outra de magnitude, dirección ou lonxitude de desprazamento distintos á da acción aplicada.[2]
Nunha máquina simple cúmprese a lei da Conservación da enerxía: (a enerxía non se crea nin se destrúe, transfórmase). A forza aplicada, multiplicada pola distancia aplicada (traballo aplicado), será igual á forza resultante multiplicada pola distancia resultante (traballo resultante). Unha máquina simple, nin crea nin destrúe traballo mecánico, só transforma algunhas das súas características. Tódalas máquinas simples converten unha forza pequena nunha meirande, ou viceversa. Algunhas cambian tamén a dirección da forza.
A relación entre a intensidade da forza de entrada e a de saída denomínase vantaxe mecánica. Por exemplo, a vantaxe mecánica dunha panca é igual á relación entre a lonxitude dos seus brazos. As máquinas simples son a miúdo usadas en combinación, como compoñentes de máquinas máis complexas.
Tipos
editarA listaxe tradicional de máquinas simples é a seguinte:
Porén, esta listaxe non debe ser considerada como definitiva ou inamovíbel. Algúns autores consideran a cuña e o parafuso como aplicacións do plano inclinado; outros inclúen a roda como máquina simple e algúns conciben o torno como unha máquina composta que combina a polea e a panca.
Notas
editar- ↑ Table of Mechanicks, from Ephraim Chambers (1728) Cyclopaedia, A Useful Dictionary of Arts and Sciences, Vol. 2, London, p.528, Plate 11.
- ↑ Google books
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Máquina simple |