Máquina comecartos

aparello automático para ofrecer xogos de aposta

Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos[1] é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

Máquina comecartos.

Tipos de comecartos e formas de xogar editar

As máquinas comecartos poden ser de dous tipos:

  • Programadas: nestas máquinas o premio depende dun programa interno na máquina, de tal forma que ao cabo dunha secuencia de xogadas a máquina devolverá unha cantidade determinada do que se meteu nela. Este tipo de máquinas son habituais dos salóns de xogo e nalgúns países tamén en bares ou cafetarías.
  • De azar: nestas máquinas os premios dependen exclusivamente do azar. Para coñecer a porcentaxe de pago destas máquinas hai que acudir á estatística e a probabilidade. Só se adoitan atopar en salóns de xogo dos casinos.[2]

Existen distintas apostas nunha máquina. Tamén se pode xogar a sinxelo, dobre, triplo, quíntuplo. Canto máis alta sexa a aposta, os premios tamén aumentan. Existen tamén comecartos progresivos. Os comecartos progresivos ofrecen un gran potencial de gañar interesantes botes. Cada vez que alguén xoga un xogo de comecartos progresivo, engádese cada vez máis diñeiro ao bote e por iso se lle chama “progresivo”.[3] Actualmente estanse impoñendo as máquinas dixitais, que substitúen aos tradicionais rodetes. Hai tamén máquinas mixtas, nas que se combinan rodetes no xogo inferior e un sistema dixital no superior.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comecartos.
  2. Nelson García L. "FUNCIONAMENTO DE LAS TRAGAMONEDAS Y LAS MÁQUINAS DE JUEGOS DE AZAR". Eyeintheskygroup.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  3. "Tipos de tragamonedas". www.maquinastragamonedas.net. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2021. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.