Lyonesse é un reino mítico que aparece nas lendas da Materia de Bretaña, especialmente nas historias de Tristán e Isolda. Pénsase que facía fronteira con Cornualla e probabelmente tivese algunha relación coas actuais Illas Scilly. Tamén era o fogar de Tristán, cuxo pai era o rei do país.

Posíbel localización do reino de Lyonesse.

Segundo tradicións posteriores e algún tempo despois das aventuras de Tristán, Lyonesse remataría por afundir baixo as ondas do mar, tendo un final semellante á cidade de Ys e outras terras perdidas na mitoloxía celta.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar