Lycaena hippothoe

especie de insecto

Lycaena hippothoe é unha especie de insectos lepidópteros, en concreto de bolboretas da familia Lycaenidae.[1]

Foi descrita por Linnaé en 1761.

Descrición

editar

A envergadura alar é de 28 a 38 mm, algúns machos desta especie poden ser absolutamente impresionantes, cunha rica cor alaranxada avermellada con toques púrpura iridiscente.[2]

  1. http://www.eurobutterflies.com/sp/hippothoe.php Lycaena hippothoe (en)
  2. http://www.asturnatura.com/especie/lycaena-hippothoe.html Lycaena hippothoe - fotografías

Distribución

editar

Voa na Europa do Norte, sur dos Urais e no macizo de Altái, límite co río Amur, ausente nas illas británicas, noroeste de Francia, Italia e Grecia. En España distribúese pola súa zona norte, dende Galicia, Asturias, cordilleira Cantábrica ata os Pireneos, Serra da Demanda e Moncayo. Voa a uns 1500 metros podendo chegar ata os 2500 metros en ladeiras de montañas.[1]

Período de voo

editar

Univoltina, segundo a zona de Europa pode ser bivoltina, como Europa do Leste. De xullo a mediados de setembro.

Hábitat

editar

Prados húmidos alpinos, enchoupados, turbeiras.

Bioloxía

editar

As súas plantas hospedeiras son Rumex acetosa, Rumex hydrolapathum, Rumex confertus, Polygonum bistorta, en Rusia, hibernando como larva nova.