Denomínase intermitente, luz intermitente ou indicador de dirección nun vehículo, ao complexo de dispositivos luminosos que serven para indicar a outros vehículos en circulación que se ten a intención de cambiar de dirección, de incorporarse ou de saír do fluxo de circulación, ou de cambiar o sentido, entre outros.

Intermitente dianteiro e lateral dun automóbil.

O uso simultáneo de todos os indicadores de dirección indica unha emerxencia.

Código de circulación editar

 
Sinal indicador de que os indicadores de dirección están activos.

De acordo co código de circulación, calquera cambio de dirección debe ser previamente sinalado coas frechas intermitentes. Débese facer cando o vehículo aínda non realizou o cambio de dirección algún e se atopa no carril inicial, para deixar clara a súa intención de cambio de dirección ou a presenza dun obstáculo.

Descrición editar

Os indicadores de dirección adoitan ser luces intermitentes de cor alaranxada ou vermella (especialmente nos Estados Unidos).

Cantidade editar

A cantidade de indicadores varía segundo o vehículo. A cantidade mínima son catro indicadores, como é o caso das motocicletas, ata un número máximo de oito no caso dos autobuses. Os automóbiles adoitan ter seis: dous diante, dous detrás (como nas motocicletas) e adicionalmente dous máis nos laterais, na parte dianteira.

Intermitencia editar

O efecto intermitente débese a un relé mecánico ou electrónico, e no caso dun relé mecánico á potencia das luces. De feito que a potencia de absorción das luces inflúe na velocidade da intermitencia, a cal aumenta se se incrementa a potencia. Debido a iso pode ocorrer que se se substitúen as lámpadas, a intermitencia sexa diferente. Para solucionar ese problema, pódese incluír unha resistencia en paralelo á luz nova que absorba a diferenza de potencia entre as luces antigas e as novas, ou usar un relé electrónico que sempre manteña a mesma frecuencia.

A potencia (en watts) calcúlase:

(1)  

onde I é o valor da corrente (en amperios) e V é o valor da voltaxe (en voltios). Dado que

(2)  

Resulta

(3)  

grazas á cal pode calcularse a resistencia necesaria coñecendo a voltaxe do vehículo e a potencia da lámpada.

Historia editar

Os primeiros indicadores xurdiron nos anos 1920 e eran frechas dunha lonxitude de 20 cm situadas nos laterais dos vehículos. Cos anos pasaron a ser luminosas e cun contorno metálico cunha lámpada alaranxada no seu interior. Para activar a frecha utilizábase un interruptor que se servía dun electroimán.

Alternativas editar

 
Sinal para virar á dereita.
 
Sinal para virar á esquerda.

No caso dun mal funcionamento dos indicadores ou na ausencia deles (como é o caso das bicicletas), pódese indicar un cambio de dirección coa axuda dos brazos. Para indicar un xiro débese de estender o brazo de forma perpendicular ao torso na dirección desexada. En ocasións, dado que, por exemplo, nun camión en Europa continental (onde se circula pola dereita) se estende o brazo á dereita, non sería visible, pode facerse uso do brazo esquerdo que formará un ángulo de 90 graos e apuntará cara a arriba. Desta forma pode utilizarse un brazo para ambas as direccións. Doutra banda, nos Estados Unidos en caso de ciclomotores ou bicicletas o brazo irá cara a abaixo coa man paralela ao chan.