Luz Campello
traballadora social e escritora galega
Luz Campello García, nada na Granxa Vella (Labrada, Guitiriz) en 1966, é unha traballadora social e escritora galega.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) A Granxa Vella, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | asistente social, escritora |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade Complutense de Madrid e despois fixo Socioloxía na Universidade da Coruña.
É xefa de servizo de Traballo Social no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.[1] Colaborou na revista Xermolos e en 2005 gañou o V Certame Poesía da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi.[2] Membro fundadora da NPG (Nova Poesía Guitirica) xunto con Antón de Guizán, Pastora Veres e outros.[3]
Obra poética
editar- Do corazón da terra (2009). Fundación Manuel María. Prólogo de Pilar Pallarés.
- Inventario do prohibido (2015). Culleredo: Espiral Maior. 74 páxs. ISBN 9788492646890. Prólogo de Eva Veiga.
- Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas (2022). Vigo: Galaxia, Col. Dombate. 90 páxs. ISBN 978-84-9151-944-7.
Obra colectiva
editar- Plaquette Do xardín que agora pisas. III Encontro de Pintura e Poesía. Concellaría de Cultura do Concello de Culleredo. 2010
- Patria obsidiana. Revista Multidisciplinar de insuficiencia cutánea aguda. Ed. Proyecto Lumbre. 2016
- Na cerna do gran carballo. Libro “Poemas para Alfonso Blanco, pregoeiro da luz”. Concello de Guitiriz. 2018
- Narrativa do verso. Revista dixital GaZeta Nº 1. Revista de Agrupacións Poéticas de Base. www.npggazeta.gal. 2020
Vida persoal
editarTen tres fillos: Simona, Mateo e Pedro.[4]
Notas
editar- ↑ Redacción (2021-10-24). "Luz Campello y el albanés Arian Leka inauguran mañana el presente ciclo de Poetas Di(n)versos". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-16.
- ↑ Luz Campello y Arian Leka, protagonistas este lunes del ciclo Poetas Di(n)versos de A Coruña
- ↑ "Luz Campello". www.aelg.gal. Consultado o 2022-11-16.
- ↑ Domínguez, R. (2022-12-15). "Luz Campello: «Miña nai sempre me di «aínda non creo que esteas viva". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-12-15.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Campello: En los poemas quería plasmar la magia de la infancia. Entrevista en El Progreso.