Luperco (en latín Lupercus, derivado de lupus, "lobo") é un antigo deus da mitoloxía romana invocado na protección da fertilidade e os rabaños.[1] Inicialmente identificóuselle co lobo sacro de Marte, posteriormente, como un epíteto de Fauno (Faunus lupercus, Fauno Luperco) e finalmente, asimilado ao deus Pan.[2]

Altar de mármore coa representación da cova Lupercal.

Na Antiga Roma, ao deus Luperco dedicóuselle un santuario ou cova sacra ao pé da ladeira noroeste do outeiro do Palatino, chamada Lupercal (do latín: lupercal, sagrado de Luperco), a mesma cova onde a lenda sinala que Fáustulo atopou aos xemelgos Rómulo e Remo.[1]

Os seus sacerdotes, os lupercos (do latín: lupercalis, de Luperco), estaban divididos en dous sodalidades coñecidas como Lupercos Quintili e Lupercos Fabiani, que segundo a tradición, procedían respectivamente, dos compañeiros de Rómulo e Remo.[1][3] O día sacro dedicado a Luperco era o 15 de febreiro e na Lupercal celebrábanse as festas Lupercais (en latín: Lupercalia), que consistían en ritos de purificación durante os que se lle ofrecían sacrificios dunha cabra e un can, ao que seguía a segunda parte do rito, onde dous mozos "Lupercos" espidos iniciábanse co rostro bañado de sangue dos animais inmolados e apenas vestidos coas peles dos animais sacrificados, corrían ao redor do Palatino, golpeando a calquera que se atopasen, particularmente ás mulleres, con látegos feitos coas peles dos animais sacrificados.[2][4] As mulleres buscaban os lategazos pois se cría que se volvían fecundas.

  1. 1,0 1,1 1,2 Luigi Castiglioni; Scevola Mariotti. Piergiorgio Parroni, ed. IL - Vocabolario della lingua latina (4 ed.). Loescher. ISBN 978-88-201-6660-1. 
  2. 2,0 2,1 "Luperco". Istituto dell'Enciclopedia Italiana. 
  3. "Lupèrci". De Agostini Editore. 
  4. "Lupercalia". Encyclopædia Britannica. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar