Lupang Hinirang
O Lupang Hinirang (Patria Adorada) é o himno nacional de Filipinas.
Lupang Hinirang | |
---|---|
Patria Adorada | |
Himno de | Filipinas |
Letra | José Palma 1899 |
Música | Julián Felipe 1898 |
Adoptado | 1898 (Versión orixinal) 1963 (Versión actual) |
Mostra da música | |
Contexto
editarFoi creado como unha marcha instrumental, encargada por Emilio Aguinaldo, primeiro Presidente de Filipinas, a Julián Felipe para a proclamación da independencia filipina, o 12 de xuño de 1898.
Historia
editarO título orixinal en español foi Marcha Filipina Magdalo. Este cambiouse máis adiante a Marcha Nacional Filipina, no momento da súa adopción como Himno Nacional.
En agosto de 1899, o poeta e novo soldado José Palma escribiu un poema en español que se converteu na letra orixinal deste himno nacional. En 1938, o senador Camilo Osías e a estadounidense Mary A. Lane, traduciron a letra ao inglés, adoptándose esta versión como a oficial, baixo o nome de The Philippine Hymn.
Finalmente, durante a administración do presidente Ramón Magsaysay, o himno nacional foi traducido por Julián Cruz Balmaceda e Ildefonso Santos á súa lingua materna, o tagalo. Desde o 26 de maio de 1956 o himno nacional de Filipinas, Lupang Hinirang, cántase oficialmente en tagalo. Tras outras revisións de menor importancia, feitas en 1966, esta é a versión final que está en uso actualmente.
O Acto Republicano N.º 8491 prohibe que o himno nacional se interprete noutro idioma que non sexa o tagalo.[1] Con todo, resístese a lei polos que falen outros idiomas filipinos.[1][2][3][4][5]
Letra
editarA letra do himno, en castelán, inglés e filipino tiveron status oficial ao longo da historia de Filipinas. Porén, na actualidade tan só a versión en filipino está recoñecida por lei. En 1998 publicouse a lei segundo a cal "o himno nacional debe ser interpretado sempre na lingua nacional dentro ou fora do país; a violación desta lei e sancionable cunha multa e pena de cárcere".[6]
Versión orixinal en castelán Marcha Nacional Filipina (1899)[7][8] escrita por Jose Palma |
Versión oficial durante a mancomunidade cos Estados Unidos Versión en inglés The Philippine Hymn (1938)[9] traducida por Camilo Osias |
Versión oficial en filipino Lupang Hinirang (1958, rev. 1963)[10] traducido por Felipe Padilla de Leon |
---|---|---|
Tierra adorada |
Land of the morning |
Bayang magiliw, |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2008. Consultado o 02 de abril de 2016.
- ↑ "Flag and anthem - 6/08/07". Consultado o 2009.
- ↑ "Arab News Newspaper: Our Languages and Our Songs in the Philippines : Manuel L. Quezon III: The Daily Dose". Consultado o 2009.
- ↑ "Lobregat to Dalipe: ‘Learn chabacano’ - Daily Zamboanga Times". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 2009.
- ↑ "Sun.Star Cebu - Ng: Cedf-it on the go". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2004. Consultado o 2009.
- ↑ Kate McGeown (5 de outubro de 2010). "Philippines national anthem abuse subject to new law". BBC News. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ Palma, José (1912). Melancólicas: Coleccion de Poesías. Manila, Philippines: Liberería Manila Filatélica.
- ↑ Contemporary restatements of and comments about the original text:
^ "The Making of Filipinas". The Philippines Centennial. msc.edu.ph. Consultado o 2008-11-12.
^ "The Philippine National Anthem". Filipinas Heritage Library. filipinaslibrary.org.ph. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2018. Consultado o 2010-03-30. - ↑ "The Philippines Flag and the National Anthem". eSerbisyo. Government of the Republic of the Philippines. 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 2010-05-04.
- ↑ "An Act prescribing the Code of the National Flag,Anthem, Motto, Coat-of-Arms and other heraldic items and devices of the Philippines". 12 de febreiro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lupang Hinirang |