Lung Boonmee raluek chat

filme de 2010 dirixido por Apichatpong Weerasethakul

Lung Boonmee raluek chat (en tailandés: ลุงบุญมีระลึกชาติ) é un filme tailandés en lingua lao[1] de 2010 dirixido por Apichatpong Weerasethakul. O filme tivo a súa estrea na 63ª edición do Festival de Cannes, onde recibiu a Palma de Ouro.

Lung Boonmee raluek chat
Ficha técnica
Título orixinalลุงบุญมีระลึกชาติ
DirectorApichatpong Weerasethakul
ProdutorSimon Field
Keith Grifith
Charles de Meaux
Apichatpong Weerasethakul
GuiónPhra Sripariyattiweti
Baseado enLibro de Apichatpong Weerasethakul
IntérpretesThanapat Saisaymar
Jenjira Pongpas
Sakda Kaewbuadee
FotografíaSayombhu Mukdeeprom
Yukontorn Mingmongkon
Charin Pengpanich
MontaxeLee Chatametikool
EstudioKick the Machine
DistribuidoraKick the Machine
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 2010
Tailandia 25 de xuño de 2010
Duración114 minutos
Orixe Tailandia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt1588895 Filmaffinity: 531092 Allocine: 180417 Rottentomatoes: m/uncle_boonmee Mojo: uncleboonmee Allmovie: v517470 TCM: 802324 Metacritic: movie/uncle-boonmee-who-can-recall-his-past-lives TV.com: movies/uncle-boonmee-who-can-recall-his-past-lives
Twitter: uncle_boonmee Netlix: 70139516Editar o valor em Wikidata
Weerasethakul presentando o filme no Festival Internacional de Viena

O filme de xénero fantástico forma parte dun proxecto multiplataforma denominado "Primitivo" que se centra na vila de Nabua na rexión tailandesa de Isan (de lingua lao) e da que forma parte unha vídeo instalación en sete partes e dúas curtametraxes de 2009. A obra ten como tema central a reencarnación da alma, céntrase dos últimos días da vida dun apicultor, o tío Boonme, que padece unha insuficiencia real e pasa as súas últimas horas nunha casa illada no medio da foresta e alí recibe a visita dos espíritos dos seus familiares defuntos, a súa dona e o seu fillo que regresa en forma non humana, grazas a estas visitas Boonmee pode chegar a explorar as súas vidas anteriores. A historia baséase nunha personaxe real recollido por Phra Sripariyattiweti, abade dun templo budista, nun libro que escribiu en 1983 no que conta a historia de Boonmee que dicía que podía recordar claramente as súas vidas anteriores [2]

Personaxes editar

  • Thanapat Saisaymar como tío Boonmee
  • Natthakarn Aphaiwong como Huay, muller de Boonmee
  • Jeerasak Kulhong como Boonsong, fillo de Boonmee
  • Jenjira Pongpas como Jen
  • Sakda Kaewbuadee como Tong
  • Kanokporn Thongaram como Roong, amiga de Jen
  • Samud Kugasang como Jai, xefe de Boonmee
  • Wallapa Mongkolprasert como a princesa
  • Sumit Suebsee como o soldado
  • Vien Pimdee como o granxeiro

Notas editar

  1. Thaiworldview
  2. "The late, great Apichatpong The Nation 20 de abril de 2010". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 01 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar