Lule Warrenton, nada o 22 de xuño de 1862 en Flint, Míchigan e finada o 14 de maio de 1932 en Laguna Beach, California, foi unha actriz, directora e produtora cinematográfica de nacionalidade estadounidense, activa na época do cinema mudo. Entre os anos 1913 e 1922, actuou nun total de 81 filmes.

Infotaula de personaLule Warrenton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1862 Editar o valor em Wikidata
Flint, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de maio de 1932 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Laguna Beach, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , guionista , directora de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor em Wikidata - 1922 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0913085 Allocine: 513765 Allmovie: p74803 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Nada en Flint, Míchigan, o seu pai era director de produción.[1] Baixo a supervisión do seu tío, Sheridan Corbyn, Warrenton empezou a interpretar papeis como actriz infantil, iniciando así a súa carreira, que abarcaría o ámbito teatral e o cinematográfico.[2]

Warrenton estudou no St. Rose's Convent e despois na Universidade de Míchigan. Iniciou a súa actividade teatral dedicándose á elocución na Universidade de Notre Dame.[3] Máis adiante foi lectora de Shakespeare, interpretando a súa primeira obra na Vitoria Rifle's Armory de Montreal, Canadá.[4]

Actriz editar

Warrenton actuou en 81 filmes ao longo da súa carreira no cinema. Xeralmente fixo papeis secundarios, usualmente en comedias ou westerns, mais de cando en cando fixo tamén papeis principais.[5] Warrenton tiña reputación de ser unha actriz versátil, polo que interpretou personaxes moi diversas, entre elas a unha muller negra en The Queen of Jungleland,[6] e a un chinés mandarín, disfrazada cun mostacho, baixo a dirección de Henry McRae.[6] Esta versatilidade foi precisamente moi encomiada polo xornal Pittsburgh Press.[6]

Directora editar

Máis coñecida pola súa carreira como directora, Warrenton foi a única muller directora que na época tivo un estudio propio mentres traballaba con Universal Studios.[7] Warrenton traballou no guión dalgunhas das súas cintas, mais o seu axudante Allen Watt foi o responsábel da maior parte dos seus guións.[8] O fillo de Warrenton, Gilbert Warrenton, traballou como responsábel da fotografía en moitas das producións da súa nai.[7]

Warrenton empezou a súa carreira como directora traballando principalmente con comedias, mais máis adiante centrouse na rodaxe de películas especificamente deseñadas para o público infantil, ás que ela chamaba "Filme for Little Ones".[8] Calling Linda foi a primeira desas películas, rodada en 1916. Ao ano seguinte produciu e dirixiu The Bird's Christmas Carol, a cal protagonizaba a actriz prodixio de catro anos de idade Mary Louise. The Bird's Christmas Carol era unha adaptación ao cinema da novela de Kate Douglas Wiggin, que vendera máis dun millón e medio de exemplares.[7] Máis adiante Warrenton e Louise colaboraron nun bo número de producións. Debido á súa reputación traballando con actores infantís, Warrenton fíxose coñecida nos círculos de Hollywood co apelativo de "nai".[7]

Influencia social editar

En certo xeito Warrenton foi pioneira na progresión da muller no mundo laboral profesional, e especialmente en Hollywood. Ademais de ser a única muller directora con estudio propio, Warrenton converteu a súa propia casa en centro social para as mulleres de Hollywood, e foi clave para estabelecer dentro de Hollywood Film Company unha residencia permanente para as incontábeis mozas que traballaban como extras en Hollywood.[8] Warrenton foi tamén unha das catro persoas fundadoras do Hollywood Studio Club, ao cal podía acceder calquera muller conectada cos estudios cinematográficos.[9]

Carreira posterior aos Universal Studios editar

Warrenton iniciou a súa traxectoria con Universal Studios en 1912, mais cortou lazos coa compañía en 1917, continuando coa rodaxe de películas xuvenís como cineasta independente.[8]

Warrenton finalmente deixou Hollywood e ingresou no Conservatorio de Música de San Diego, á vez que dirixía unha compañía cinematográfica composta por mulleres, tamén localizada en San Diego (California).[2]

Vida persoal editar

Warrenton tivo un fillo, o cámara Gilbert Warrenton, e unha filla, Virginia Zimmerman, que casou cun médico de Os Ánxeles.[10]

Selección da súa filmografía editar

  • The Werewolf (1913)
  • Samson (1914)
  • Bound on the Wheel (1915)
  • Secret Love (1916)
  • Her Bitter Cup (1916)
  • The Gilded Spider (1916)
  • Bobbie of the Ballet (1916)
  • The Wilderness Trail (1919)
  • Blind Hearts (1921)
  • Ladies Must Live (1921)

Notas editar

  1. "Lule Warrenton". 
  2. 2,0 2,1 The Story World and Photodramatist (Jul-Oct 1923). Photodramatist Publishing Company, inc. 1923-7. 
  3. Motion Picture Studio Directory and Trade Annual (1917). New York, Motion Picture News, Inc. 1917. 
  4. "Montreal Herald - Google News Archive Search". news.google.com. Consultado o 2019-02-27. 
  5. Moving Picture World (Oct 1915). New York, Chalmers Publishing Company. 1915. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Motion Picture News (Jul-Oct 1915). Exhibitors' Times, inc. 1915-7. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Motion Picture News (Apr-Jun 1917). Motion Picture News, inc. 1917-4. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Motography (Jul-Sep 1916). Electricity Magazine Corp. 1916-7. 
  9. Photoplay (Feb-Sep 1917). Chicago, Photoplay Magazine Publishing Company. 1917-2. 
  10. International Photographer (Jan-Dec 1932). Hollywood, Local 659 of the I.A.T.S.E. and M.P.M.O. of the United States and Canada. 1932-1. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar