Lulach de Escocia

(Redirección desde «Lulach»)

Lulach mac Gille Coemgáin (en gaélico moderno: Lughlagh mac Gille Chomghain), alcumado Tairbith, "o Desafortunado"[1] e Fatuus, "o mente sinxela" ou "o Necio"),[2] nado en 1033, e finado o 17 de marzo de 1058, foi rei de Escocia entre o 15 de agosto de 1057 e o 17 de marzo de 1058.

Lulach
Rei de Alba

Reinado15 de agosto de 1057 – 17 de marzo de 1058
Coroación8 de setembro de 1057
Scone
Nacemento1033
Moray Reino de Escocia
Falecemento17 de marzo de 1058
Essie
SepulturaIona
PredecesorMacbeth
SucesorMalcolm III
DescendenciaMáel Snechtai de Moray
Casa realCasa de Moray
ProxenitoresGille Coemgáin de Moray
Gruoch de Escocia

Na rede
WikiTree: MacRory-41

Lulach era fillo de Gruoch de Escocia, do seu primeiro matrimonio con Gille Coemgáin, Mormaer de Moray, e polo tanto fillastro de Macbeth (Mac Bethad mac Findlaích). Despois da morte de Macbeth na batalla de Lumphanan o 15 de agosto de 1057, os seguidores do rei puxeron a Lulach no trono. Ten a particularidade de ser o primeiro rei de Escocia do cal se coñecen os detallas da súa coroación: foi coroado, probablemente o 8 de setembro de 1057 en Scone. Lulach semella que foi un rei feble, como suxire o seu alcume, e gobernou só durante uns poucos meses antes de ser asasinado e usurpado por Malcolm III (Máel Coluim mac Donnchada).

O fillo de Lulach, Máel Snechtai foi Mormaer de Moray, mentres que Óengus of Moray foi fillo da filla de Lulach.

Crese que foi soterrado na illa de Iona, no mosteiro ou nos seus arredores. A posición exacta da súa tumba é descoñecida.

Predecesor:
Macbeth
Rei de Escocia
10571058
Sucesor:
Malcolm III

Notas editar

  1. Skene, Chronicles, p. 102.
  2. Anderson, Early Sources, vol. i, p. 603.