Luis Sorela Carcaño

político español

Luis Sorela Carcaño, nado na Illa de León, en San Fernando (Cádiz), o 18 de xuño de 1784, e finado en Madrid , o 31 de outubro de 1847,[1] foi un facendista e político español.

Luis Sorela Carcaño
Ministro de Facenda
Período2 de marzo de 18214 de marzo de 1821
AntecesorJosé Canga Argüelles
SucesorAntonio Barata Bringas
Ministro de Facenda
Período11 de xaneiro de 182224 de xaneiro de 1822
AntecesorJosé Imaz Baquedano
SucesorLuis López Ballesteros
Ministro de Facenda
Período30 de xaneiro de 1822 – 28 de febreiro de 1822
AntecesorLuis López Ballesteros
SucesorFelipe Sierra Pambley
Datos persoais
Nacemento18 de xuño de 1784
 Illa de León
Falecemento31 de outubro de 1847
 Madrid
CónxuxeMaría Joaquina Mauri Salva
FillosLuis
Alma máterUniversidade de Sevilla
Profesiónfacendista e político español
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de español e italiana; o apelido da súa nai era Calcagno. Estudou na Universidade de Sevilla[2] e comezou posteriormente unha brillante carreira administrativa, posto que foi director das Bulas e Penas de Cámara e do Dereito do Rexistro, director xeral de Débeda Pública e presidente do Consello de Liquidación da Débeda do Estado.

Durante o Trienio liberal, ocupou o lugar de secretario de Estado e do despacho de Facenda, como interino entre os días 2 e 4 de marzo, de 1821, entre o 11 e o 24 de xaneiro de 1822, e entre o 30 de xaneiro a 28 de febreiro de 1822.[3]

O 11 de outubro de 1817 casou con María Joaquina Mauri Salva, coa que tivo un fillo, Luis.[1]

Predecesor:
José Canga Argüelles

José Imaz Baquedano
Luis López Ballesteros Varela

 Secretaría de Estado e do Despacho Universal de Facenda 
2 de marzo de 1821 - 4 de marzo de 1821 (interino)

11 de xaneiro de 1822 - 24 de xaneiro de 1822 (interino)
30 de xaneiro de 1822 - 28 de febreiro de 1822 (interino)

Sucesor:
Antonio Barata Barata

Luis López Ballesteros Varela
Felipe Sierra Pambley

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar