Luis Salvador Martínez

futbolista español

Luis Carlos Salvador Martínez, nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1968, é un ex xogador de fútbol aragonés, máis coñecido como Salva, que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Luis Salvador Martínez
Información persoal
Nacemento 24 de agosto de 1968
Lugar de nacemento Zaragoza
Altura 166 centímetros
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Real Zaragoza, xogando no Deportivo Aragón filial do club maño co que case acada o ascenso a Segunda División na tempada 1987/88. Debutou co primeiro equipo na tempada 1988/89, o equipo rematou o curso na 5ª posición, clasificándose para a Copa da UEFA. Porén a tempada seguinte volveu competir co filial. Na tempada 1990/91 alternou o filial co primeiro equipo, case acadando o ascenso co primeiro e sálvandose do descenso co segundo.

Finalmente marchou cedido ao Celta de Vigo ao non ter continuidade en Zaragoza. Tras unha boa tempada o Celta consegue a carta de liberdade no Zaragoza e ficha en propiedade polo Celta. Ademais da liga de 1993/94 o Celta xogou a final da Copa do Rei, que perdeu precisamente ante o Real Zaragoza o 20 de abril de 1994.

A tempada seguinte fichou polo CA Osasuna acabado de ascender a Segunda División, onde militaría dous anos antes de volver a Galiza para xogar no Racing de Ferrol. Tras xogar unha tempada no CD Binéfar da Terceira División, co que acada o ascenso a Segunda División B, volve definitivamente a Galiza para xogar no Porrio Industrial CF co que tamén rematará como campión do seu grupo.

No ano 1999 retirouse do fútbol en activo, pasando ao pouco tempo a ser o Director Deportivo do Porriño Industrial.

Na tempada 2004/05 incorporouse ao organigrama das categorías inferiores do Celta de Vigo.