Luis Peña Ganchegui

arquitecto español

Luis Peña Gantxegi, nado en Oñati o 29 de marzo de 1926 e finado en Donostia o 2 de abril de 2009, foi un arquitecto vasco. Está considerado como un dos introdutores da arquitectura contemporánea en España.[1]

Luis Peña Ganchegui
Nacemento29 de marzo de 1926
Lugar de nacementoOñati
Falecemento2 de abril de 2009
Lugar de falecementoDonostia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]
Parte de atrás do Leidor Zinemaren, Tolosa.
Vista do Parque da España Industrial, Barcelona.

Traxectoria editar

Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, titulándose en 1959. Desde 1976 dedicouse á docencia, primeiro en Barcelona e logo en San Sebastián, onde foi catedrático desde 1982 e subdirector desde 1983 na Escola Técnica Superior de Arquitectura.[2]

Desde 1959 traballou en numerosos proxectos, a maioría no País Vasco, como o Centro Kursaal, construído en San Sebastián en 1989.[2]

A súa obra máis coñecida é o Peite do Vento, construído canda a Eduardo Chillida, co que tamén realizou a Praza dos Foros de Vitoria. Entre as súas últimas obras figura a reforma de praza Pasai Donibane (Guipúscoa), premiada polo Colexio Oficial de Arquitectos Vasco Navarro en 2007.[1]

Recoñecementos editar

  • 1999: Premio Antonio Camuñas de Arquitectura, concedido pola súa traxectoria profesional.[3]
  • 2004: Medalla de Oro de la Arquitectura, concedida por el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.[4]
  • 2007: Premio COAVN de Arquitectura ao mellor deseño urbano e paisaxismo.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar