Luis Legaz Lacambra
Luis Legaz Lacambra, nado en Zaragoza o 17 de abril de 1906 e finado en Madrid o 2 de maio de 1980, foi un catedrático e político español.
Luis Legaz Lacambra | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1906 |
Lugar de nacemento | Zaragoza |
Falecemento | 2 de maio de 1980 e 1980 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidad Central e Universidade de Zaragoza |
Ocupación | filósofo, xurista, político e sociólogo |
Premios | honorary doctor of the University of Vienna, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e Gran Cruz de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza (1928). Preparou a súa tese de doutoramento sobre Hans Kelsen, que defendeu en 1932 na Universidade de Madrid: Kelsen: estudio crítico de la teoría pura del derecho y del estado de la Escuela de Viena, dirixida por Alfredo Mendizábal. En 1932 foi nomeado profesor auxiliar da cátedra de dereito natural na Universidade de Zaragoza. En 1935 conseguiu a Cátedra de Filosofía do Dereito da Universidade de La Laguna, e ese mesmo ano trasladouse para ocupar a de Santiago de Compostela. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1942-1960) e despois decano da Facultade de Dereito da Universidade de Madrid (1976-1977). Foi procurador nato nas Cortes Españolas durante as sete primeiras lexislaturas do franquismo pola súa condición de reitor de Universidade. Foi Subsecretario do Ministerio de Educación Nacional (1962-1968).
Predecesor: Carlos Ruíz del Castillo y Catalán de Ocón |
Reitor da Univ. de Santiago 1942 - 1960 |
Sucesor: Angel Jorge Echeverri |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Biografía en filosofía.org (en castelán)
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.