Luis Alonso Ocaña

fotógrafo español

Luís Alonso Ocaña, nado en Vigo en 1959 e finado en Brión o 18 de agosto de 2010, foi un fotógrafo galego.

Infotaula de personaLuis Alonso Ocaña
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1959 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de agosto de 2010 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata - 2009 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webluis-ocana.com Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa actividade profesional e creativa estivo sempre, relacionada coa imaxe. Estudou Fotografía publicitaria en Madrid. Traballou en campos tan diversos coma a fotografía, o deseño, a animación e modelaxe 3D, a dirección técnica de proxectos e a realización e edición de DVDs

Dende 1996 foi fotógrafo do banco internacional da imaxe AGE Fotostock co que distribuíu imaxes en máis de 30 países.

Durante os anos 1983 ao 1986 traballou para o Instituto da Caza Fotográfica e Natureza, Incafo, e a UNESCO, realizando traballos fotográficos para o Patrimonio do Mundo en Francia, Canadá e Estados Unidos.

Exposicións editar

Algunhas das súas exposicións máis salientables foron:

  • Galicia e o Camiño de Santiago. Exposta en diferentes vilas do Xapón no ano 2010.[1]
  • Totsukawamura - Corazón do camiño. Luis Ocaña. 26 de setembro de 2008 - xaneiro 2009, Museo das peregrinacións de Santiago.
  • Santiago-kumano. Camiños de peregrinación. Do 2 ao 26 de outubro do 2008 en Santiago de Compostela. Tamén exposta no Xapón e na Salle du René Capitant en París. En colaboración con Tomohiro Muda.[2][3][4]
  • Tokio Kokoro. Exposta no Xapón en 2007. En colaboración con Tomohiro Muda.[5]
  • Samos, espírito do camiño. 2006, Museo das peregrinacions.[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Publicacións editar

  • ALONSO OCAÑA, Luis. Samos, espírito do camiño: [exposición], Museo das Peregrinacións. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, [2006]. ISBN 84-453-4286-X
  • ALONSO OCAÑA, Luis. Totsukawamura: corazón do camiño, [exposición], Museo das Peregrinacións e de Santiago. [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia, 2008. ISBN 978-84-453-4622-8. Galego e inglés