Ludvig Nobel
Ludvig Nobel, nado o 27 de xullo de 1831 en Estocolmo e finado o 12 de abril de 1888 en Cannes, foi un enxeñeiro ruso-sueco.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (sv) Ludvig Emmanuel Nobel ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xullo de 1831 ![]() Maria Magdalena parish, Suecia (en) ![]() ![]() |
Morte | 12 de abril de 1888 ![]() Cannes, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Smolensky Lutheran Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor , filántropo , enxeñeiro , industrial ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Nobel family (en) ![]() ![]() |
Fillos | Emanuel Nobel (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pais | Immanuel Nobel ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Alfred Nobel, Robert Nobel (en) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Immanuel Nobel e irmán de Robert e Alfred Nobel, educouse en escolas técnicas rusas e aprendeu tamén do seu pai en San Petersburgo, converténdose no seu home de confianza a finais da década de 1850. Durante guerra de Crimea 1853-1856 a fábrica do seu pai tiña máis de 1000 traballadores e era un negocio florecente, pero coa fin das hostilidades perdeu os contratos do goberno e o seu pai regresou a Suecia, deixando a administración técnica no seu fillo, mentres os acredores tiñan a propiedade, logrou recuperar a produción e volveu facer contratos co goberno ruso. En 1878 xunto co seu irmán Robert, fundou Branobel, unha empresa petroleira en Bakú que en 1887 producía algó máis o 18'5% do petróleo ruso e o 7'5% mundial,[1] e para a que Luvig deseñou o primeiro petroleiro moderno, o Zoroaster.[2]