Luís González Vázquez
Luís González Vázquez, nado o 3 de outubro de 1941 en Monforte de Lemos, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1941 (82 anos) Monforte de Lemos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | silvicultor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Enxeñeiro de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid e funcionario do Corpo Superior de Facultativos da Administración. Foi xefe do gabinete técnico da Cámara Agraria Provincial de Lugo, enxeñeiro-xefe do ICONA, delegado provincial da Consellería de Industria, Comercio e Turismo, xefe do Servizo Provincial de Medio Ambiente Natural e delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia de Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979).