Luís Filipe de Braganza

político portugués

Luís Filipe I, Duque de Braganza, bautizado co nome de Luís Filipe Maria Carlos Amélio Fernando Victor Manuel António Lourenço Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis Bento de Saxonia-Coburgo-Gotha Bragança, nado en Lisboa o 21 de marzo de 1887, foi fillo do rei Carlos I e da raíña Amelia de Orleans.

Luís Filipe de Braganza
Luis Felipe de Portugal.jpg
Nacemento21 de marzo de 1887
Lugar de nacementoPalácio Nacional de Belém
Falecemento1 de febreiro de 1908
Lugar de falecementoLisboa
Causaferida por arma de fogo
SoterradoIgrexa de São Vicente de Fora
NacionalidadeReino de Portugal
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos I de Portugal
NaiAmélia de Orleães
IrmánsManuel II de Portugal e Infanta Maria Anna of Portugal
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Grã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa e Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes
Na rede
Find a Grave: 244133865 Editar o valor em Wikidata
Assinatura D. Luís Filipe.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Exerceu notablemente a rexencia do país durante un breve e transcendental período de tempo en 1907, debido á viaxe do seu pai, en visita protocolar ao estranxeiro. Nese mesmo ano, e por primeira vez para un príncipe portugués desde Xoán VI, realizou unha viaxe oficial ás colonias, neste caso as africanas, visita que tivo un grande impacto no seu momento.

Luís Filipe, coñecedor das ameazas de morte ao seu pai, ía sempre armado cun revólver, para defenderse cando fose preciso, xurando sempre que o matarían a el antes que permitir que lle pasase nada ao seu pai.

Luís Filipe estaba co seu pai e o resto da familia real o 1 de febreiro de 1908, o día do rexicidio. Carlos I foi cribado no medio dunha multitude por fanáticos republicanos, pertencentes á organización terrorista Carbonaria, morrendo no acto, mentres que Luís foi ferido de gravidade e o seu irmán máis novo, Manuel, foi alcanzado nun brazo. Aínda que foi atendido polos doutores, Luís morreu vinte minutos máis tarde.

Ao non contemplarse na monarquía portuguesa a sucesión automática, Luís nunca foi rei, a pesar de sobrevivir ao seu pai. Tras as súas mortes, a coroa portuguesa foi herdada polo seu irmán Manuel II, que se converteu no último rei de Portugal, destronado pola revolución republicana dous anos despois, o 5 de outubro de 1910.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


Predecesor:
María II de Portugal
 Príncipe da Beira 
Sucesor:
Duarte Pio de Braganza
Predecesor:
Carlos I de Portugal
 Duque de Braganza 
Sucesor:
Miguel II de Braganza
Predecesor:
Carlos I de Portugal
 Príncipe Real de Portugal 
Sucesor:
D. Afonso, Duque do Porto