Luis Ferrer i Balsebre

médico psiquiatra español
(Redirección desde «Luís Ferrer i Balsebre»)

Luis Ferrer i Balsebre, nado o 8 de xaneiro de 1957 en Madrid, é un médico psiquiatra español, residente en Galicia.

Luis Ferrer i Balsebre
Nacemento8 de xaneiro de 1957
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade de Massachusetts
Ocupaciónpsiquiatra e profesor universitario
EstudosLicenciado e Doutor en Medicina
OrganizaciónSERGAS, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña
Na rede
Dialnet: 4462540
editar datos en Wikidata ]

É académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[1]

TraxectoriaEditar

FormaciónEditar

Luis Ferrer i Balsebre licenciouse e doutorouse en Medicina na Universidade Complutense de Madrid.[2]

Acreditouse como Psicodramatista e Director de Grupo pola Escola oficial de Psiquiatría da Universidade Complutense de Madrid e o Instituto de Técnicas Grupais e Psicodrama de Madrid, como Psicoterapeuta de Familia e Docente Supervisor pola Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar, a Asociación Española de Psicoterapeutas e a Asociación Europea de Psicoterapia, e diplomado en Terapia Familiar Sistémica pola Universidade de Massachusetts.[2]

Actividades profesionaisEditar

Ferrer y Balsebre dirixiu os Servizos de Saúde Mental na Coruña (1997-2008) e en Santiago de Compostela (2008-2013).[3] Foi profesor asociado á cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela (1989-1999), e profesor asociado ao Departamento de Medicina da Universidade da Coruña (2000-2009). Foi Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario "Juan Canalejo-Marítimo de Oza", coordinador responsábel de Saúde Mental da Área Sanitaria da Coruña e Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, así como coordinador responsábel de Saúde Mental da Área Sanitaria de Santiago de Compostela.[2]

Actividades como escritorEditar

Luis Ferrer, ademais da súa actividade profesional como psiquiatra e psicanalista, é escritor, ensaísta e articulista. Colaborou como articulista desde 2003 até 2013 no diario La Opinión. A Coruña, ano en que pasou a colaborar en La Voz de Galicia, onde continúa neste labor na actualidade.[3]

CargosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Junta de Gobierno da RAMCG.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Luis Ferrer i Balsebre na web da RAMCG.
  3. 3,0 3,1 Luis Ferrer i Balsebre en La Voz de Galicia.