Luís Candendo Pérez, nado en Ribadavia en 1936 e finado en Antzuola o 9 de novembro de 1978, foi un obreiro metalúrxico galego asasinado por membros de ETA.

Infotaula de personaLuís Candendo
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Antzuola, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónproletariado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Luís Candendo emigrara ao País Vasco en 1953, e primeiro traballara nas oficinas do Sindicato Vertical e posteriormente como obreiro metalúrxico nos altos fornos que a empresa Unión Cerrajera tiña no concello de Bergara. Estaba afiliado á UCD.

O 9 de novembro de 1978, mentres recollía un bocadillo na porta da súa casa, disparáronlle dous homes no coche e matárono. O atentado foi reivindicado días despois por ETA, que acusou a Candedo de confidente.

Vida persoal editar

Foi pai do organista vasco Óscar Candendo Zabala.