Luís Campo Fernández
Luís Campo Fernández, nado en Chantada en 1907 e finado en Lugo o 11 de setembro de 1985,[1] foi un avogado, político e historiador galego.
Luís Campo Fernández | |
---|---|
Nacemento | 1907 |
Chantada | |
Falecemento | 11 de setembro de 1985 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, político e historiador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da Comisión Xestora de Chantada o 26 de xullo. Cesou en outubro. Foi xuíz de Chantada (1939). Volveu ser nomeado alcalde o 11 de agosto de 1944 e cesou en abril de 1949. En 1954 foi nomeado fiscal comarcal de Lalín, Rodeiro e Silleda.[2] Despois exerceu como fiscal Monforte e na Audiencia Provincial de Ourense. Aficionado á historia, publicou en El Progreso unha serie de 14 artigos sobre casas fidalgas titulada 'Alrededores de una Vieja Casa de Chantada', e escribiu varios libros sobre a comarca de Chantada.
Predecesor: ? |
Alcalde de Chantada 1936 |
Sucesor: Adolfo Gómez Montero |
Predecesor: Rafael Fernando Otero Soto |
Alcalde de Chantada 1944 - 1949 |
Sucesor: Joaquín Yebra-Pimentel Vidal |
ObrasEditar
- Historia del priorato del Monasterio de San Salvador de Asma.
- Genealogía y heráldica de la casa de Basán Grande y del Pazo de la Penachá, 1973.
- Casas hidalgas de Saviñao, Chantada y de otras tierras, 1979.
RecoñecementosEditar
Unha rúa de Chantada leva o seu nome.
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, 13-9-1985, p. 26.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-3-1954, p. 6.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Luis Campo Fernández, biografía na Real Academia de la Historia.