Love of My Life
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Love of My Life ("O amor da miña vida") é unha balada de piano do grupo inglés Queen, escrita entre 1974 e 1975 por Freddie Mercury e lanzada en 1975. Mercury compuxo este tema pensando na que era a súa moza nesa época, Mary Austin, e a quen este se referiu máis dunha vez como o amor da súa vida.
Historia
editarO tema alcanzou o número 1 das listaxes de popularidade en Suramérica nunha edición single da versión de Live Killers, e chegou a ser un clásico. Pertence ao álbum A Night at the Opera, de 1975. Foi escrita orixinalmente en piano por Mercury. O guitarrista Brian May toca a arpa (gravou acorde por acorde e logo xuntounos) e tamén algúns motivos de guitarra.
Esta canción atópase nas tonalidades de dó maior e fa maior, con partes en si bemol. Cando a tocaban en directo, May utilizaba unha guitarra de doce cordas. Esta canción gustaba tanto nos concertos que Mercury deixaba de cantar frecuentemente, para que a audiencia a cantase completamente, o que animou á banda a escribir futuras cancións como We Will Rock You e Radio Ga Ga, tendo na mente a participación do público.
Pódese atopar unha versión en vivo deste tema no álbum Live Killers, de 1979. Tamén se gravou en vivo no concerto Rock Montreal, de novembro de 1981, en Queen On Fire: Live At The Bowl, de xuño de 1982, e en Live At Wembley '86.
Outras versións
editarNumerosos artistas lanzaron versións comerciais de "Love of My Life", incluíndo a Declan Galbraith, Scorpions, Michael Burgess, Extreme, Rose Marie, Elaine Paige, Mark Slaughter, Paulo Ricardo, Norma Waterson, a banda romanesa Iris e o cuarteto vocal checo 4TET.