Lost Boys of Sudan

filme de 2003 dirixido por Megan Mylan e Jon Shenk

Lost Boys of Sudan é un filme documental estadounidense de 2003 dirixido por Megan Mylan e Jon Shenk. Conta a historia de dous rapaces dinka orixinarios do Sudán, Santino Majok Chuor e Peter Nyarol Dut, que chegan ós Estados Unidos de América por mor da guerra civil do seu país. Os dous rapaces quedaron orfos pola segunda guerra civil sudanesa e sobreviviron ataques de leóns e da milicia até chegar a un campo de refuxiados en Kenya, xunto con milleiros doutros nenos.[1]

Lost Boys of Sudan
Ficha técnica
Título orixinalLost Boys of Sudan
DirectorMegan Mylan
Jon Shenk
ProdutorMegan Mylan
Jon Shenk
FotografíaJon Shenk
MontaxeMark Becker
Kim Roberts
Estrea2003
Duración87 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt0383475 Filmaffinity: 449891 Rottentomatoes: m/lost_boys_of_sudan Mojo: lostboysofsudan Allmovie: v287209 Metacritic: movie/lost-boys-of-sudan Editar o valor em Wikidata

O título do documental "Lost Boys of Sudan" foi orixinalmente o nome dado ó grupo de mozos polos traballadores das Nacións Unidas que controlaron a súa fuxida dende o Sudán.[2]

Notas editar

  1. "Lost Boys of Sudan :: About The Film". Lostboysfilm.com. Consultado o 4 de agosto de 2016. 
  2. Lostboysfilm.com (ed.). "Lost Boys of Sudan :: Learn / Teach". Consultado o 4 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar