Los viajes del viento

filme de 2009 dirixido por Ciro Guerra

Los viajes del viento é un filme de 2009 escrito e dirixido por Ciro Guerra. É unha coprodución entre Colombia, Alemaña, os Países Baixos e a Arxentina, e foi rodado en 80 localizacións do norte de Colombia.[1] Está rodado en castelán, palenquero, wayuu e arhuaco. Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Los viajes del viento
Ficha técnica
Título orixinalLos viajes del viento
DirectorCiro Guerra
ProdutorDiana Bustamante
Cristina Gallego
GuiónCiro Guerra
IntérpretesMarciano Martínez
Yull Núñez
MúsicaIván Ocampo
FotografíaPaulo Andrés Pérez
MontaxeIván Wild
EstudioCiudad Lunar Producciones
World Cinema Fund
ZDF
arte
Razor Films
Cine Ojo
Voya Films
DistribuidoraCineplex
Estrea1 de abril de 2009
Duración117 minutos
Orixe Colombia
Alemaña Alemaña
Países Baixos Países Baixos
Arxentina
XéneroDrama
Na rede
http://www.losviajesdelviento.net/
IMDB: tt1426374 Filmaffinity: 868795 Allocine: 145900 Rottentomatoes: m/the-wind-journeys Allmovie: v488281 TCM: 778083 Netlix: 70118761Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O filme conta a historia do músico de vallenato Ignacio Carrillo (interpretado polo músico Marciano Martínez) que é seguido por Fermín, un rapaz que quere ser o seu aprendiz, nunha viaxe para devolver o instrumento ó seu dono orixinal, o home que outrora foi o seu mentor.

Personaxes editar

  • Marciano Martínez como Ignacio Carrillo
  • Yull Núñez como Fermín Morales
  • Agustín Nieves como Ninz
  • José Luis Torres como Meyo

Notas editar

  1. María Alejandra Pautassi (21 de marzo de 2009). Semana, ed. "Hay que salir de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 2 de maio de 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar