Los esclavos felices

Los esclavos felices (en galego Os escravos felices) é unha ópera en dous actos con música de Juan Crisóstomo Arriaga. A ópera foi composta en 1819 cando o compositor contaba tan só con 13 anos e nela se pode apreciar a influencia do estilo operístico italiano da época, sendo unha mestura do estilo italiano, Mozart e Haydn, o Barroco tardío, o puro estilo clásico e Rossini, notable no tema staccato que abre a sección rápida da overtura.