Lorenzo Langstroth

Lorenzo Lorraine Langstroth, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de decembro de 1810 e finado o 6 de outubro de 1895, foi un apicultor estadounidense.

Lorenzo Langstroth
Lorenzo Langstroth.jpg
Nacemento25 de decembro de 1810
 Filadelfia
Falecemento6 de outubro de 1895
 Dayton
SoterradoWoodland Cemetery and Arboretum
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Yale
Ocupaciónapicultor e inventor
PremiosSalón da Fama dos Inventores Nacionais
editar datos en Wikidata ]
Lorenzo Langstroth.

TraxectoriaEditar

Graduado en Yale en 1880, traballou alí ata 1834-1835. Foi o pastor de varias igrexas de Congregacións en Massachusetts, en 1848 converteuse en principal dunha escola das señoras novas en Filadelfia.

Desde 1858 viviu en Oxford, Ohio, na súa residencia, e dedicou o seu tempo á apicultura. Inventou a colmea de cadro móbil, e patentouna en 1852, esta tivo unha difusión practicamente mundial. A mesma leva o seu nome Colmea Langstroth.

Tamén descubriu o espazo abella, que é o lugar polo cal as abellas transitan entre os cadros e na colmea. Non respectar este espazo fai que a abella o encha con própole. Nunca debe ser menor a 5 milímetros, porque o encherá con própole, nin maior a 9 milímetros porque construirá panal de cera. Foi un dos primeiros apicultores en recibir e vender nos Estados Unidos a abella italiana (Apis mellifera ligustica), describindo as bondades produtivas desta raza.

ObraEditar

Os seus libros son pioneiros no mundo, foron traducidos a moitos idiomas. Existe unha gran evolución entre a primeira e segunda obra do autor. A primeira obra conta con 40 edicións ata o de agora.

  • Langstroth on the hive and the honey-bee; a bee keeper's manual. Hopkins, Bridgman, Northampton (1853).
  • A practical treatise on the hive and honey-bee (1863).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar