Abrir o menú principal

Lois González Dopazo

Profesor e fisioterapeuta galego

Lois González Dopazo, nado en Macenlle (Marín) o 6 de decembro de 1955, é un profesor universitario e fisioterapeuta galego.

Lois González Dopazo
Lois González Dopazo.jpg
Nacemento6 de decembro de 1955
 Macenlle, Marín (San Xián), Marín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónprofesor de educación superior e fisioterapeuta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Presentando un acto no No Ateneo Santa Cecila de Marín que preside (25/01/2019), con Rafael Quintía, Buenaventura Aparicio e Valentín G. Bóveda (neto de Alexandre Bóveda)

Estudou no Instituto Laboral de Marín. Na Universidade de Santiago de Compostela cursou ao mesmo tempo Axudante Técnico Sanitario con estudos de Xeografía e Historia. Despois, na Universidade Complutense de Madrid diplomouse en Fisioterapia. Tamén se licenciou en Fisiatría e Kinesiterapia, ademais de Terapeuta Bobath e especialista en pacientes Neurolóxicos.[1]

Traballou no Hospital Ramón y Cajal de Madrid, no H. Montecelo de Pontevedra e no Sanatorio de Marín. En 1992 creou o Centro de Fisioterapia Lois en Marín.[2][3]

En 1995 comezou a exercer de profesor asociado e logo desde 1998 na Universidade de Vigo, na Escola universitaria de Fisioterapia no Campus de Pontevedra,[4] xubilándose en 2017. Nesta facultade promoveu actividades relacionadas coa fisioterapia[5], a neurorrehabilitación[6] e as doenzas neuromusculares.[7]

Desde 1980 formou parte da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilía de Marín (Ateneo Santa Cecilia), integrándose na Xunta directiva como vogal e logo como Presidente[8], onde tamén realizou varios relatorios sobre o patrimonio arqueolóxico da contorna. En Buguina, revista do Ateneo Santa Cecilia, publicou artigos sobre o Entroido e os Maios en Marín.

Participou na creación do grupo folclórico Airiños de San Xulián e no Club Ciclista de Marín, do que tamén foi Presidente promovendo as Ciclo-Marchas Histórico-artísticas. Tamén fundadou a Asociación Deportivo-Cultural Os Da Caña de San Xulián.

Foi Presidente da Comisión Xestora que creou a Federación Galega de Ciclismo e fisioterapeuta da Federación Española de Ciclismo de 1985 a 1987. Tamén presidiu a Asociación Española de Terapeutas formados no Concepto Bobath (AETB).

En 1982 foi concelleiro en Marín polo Partido Galeguista.

NotasEditar

  1. "LOIS GONZÁLEZ DOPAZO: O COMPROMISO COA CULTURA E COA SAÚDE. CEIP A LAXE (Marín)". www.edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-24. 
  2. "Centro de Fisioterapia Lois S.L". eFisioterapia (en castelán). 2005-05-03. Consultado o 2019-01-24. 
  3. "LOIS". www.fisioterapialois.eu (en castelán). Consultado o 2019-01-24. 
  4. "Guia docente 2012_13 Facultade de Fisioterapia". secretaria.uvigo.gal. Consultado o 2019-01-24. 
  5. "Experiencias vitais que amplían a formación dos futuros fisioterapeutas". Universidade de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-01-24. 
  6. "Experiencias vitais que amplían a formación dos futuros fisioterapeutas". Universidade de Vigo. Consultado o 2019-01-24. 
  7. "Fisioterapia achégase ao día a día das enfermidades neuromusculares". Universidade de Vigo. Consultado o 2019-01-24. 
  8. "Una nueva directiva asume el reto de revitalizar el Ateneo Santa Cecilia de Marín". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-08-30. Consultado o 2019-01-24.