O Loimi-Kiekko, tamén coñecido como Rockets, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Loimaa, Finlandia. Foi fundado en 1980 e compite na IV-divisioona, a sexta categoría do hóckey sobre xeo finlandés. Xoga os seus partidos como local no Loimaan jäähalli, un pavillón con capacidade para 500 persoas.[1]

Rockets
Fundación1980
Cidade Loimaa,
Finlandia Propia
Finlandia Finlandia
EstadioLoimaan jäähalli
(500 persoas)
LigaIV-divisioona
CoresAzul, vermello e branco
                 

Os Rockets contaron cun equipo feminino que na tempada 2020-21 disputou a fase previa Naisten Mestis, segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino no país nórdico, na que disputou 13 encontros pertencentes ao Grupo 1, finalizando na cuarta posición dun total de seis equipos cun rexistro de 7 vitorias no tempo regulamentario, 1 vitoria máis aló dos 60 minutos, e 5 derrotas, polo que non se clasificou para a liga regular.[2]

Pavillón editar

 
Exterior do Loimaan jäähalli.

Os Rockets xogan os seus partidos como local no Loimaan jäähalli, conhecido tamén como OP Areena por motivos de patrocinio. O pavillón foi construído en 1999 e ten capacidade para 500 persoas.[3] Está situado no centro de deportes da cidade de Loimaa.

Notas editar

  1. "Rockets" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  2. Jääkiekkokirja 2022 (en finés). Helsinqui: Suomen Jääkiekkoliitto. p. 251. ISSN 0784-3321. 
  3. "Tervetuloa Loimijokilaakson Jäähallin kotisivuille!" (en finés). loimaanjaahalli.fi. Consultado o 1 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar