Locucións galegas sobre o burro

Traballar coma un burro:
Traballar moito, sen descanso
  • ¡Alá vai o burro coas noces!: botarse todo a perder.
  • Andar cargado coma un burro: dise de quen traballa moito, soportando cargas excesivas.
  • Arrancada de cabalo e parada de burro: aplícase a quen comeza calquera asunto con moito entusiasmo pero, por pereza e inconstancia, abandona ó pouco.
  • ¡Boa burra mercamos!: indica ironicamente o mal resultado dun negocio.
  • Bota-lo burro: remata-lo primeiro en comer ou facer algún traballo. Utilizábase moito nas pullas entre aldeas veciñas presumindo de rematar antes as faenas agrícolas.
  • Burro coma un arado.
  • Burro e a tanto: emprégase para chamarlle parvo a alguén, e con razón.
  • Caer da burra: darse de conta de algo que era evidente.
  • Caer de burro: pecar de crédulo, torpe, ser enganado.
  • Carrexar como un burro.
  • Dar sopas de mel a un burro: obsequiar ou favorecer a un ingrato.
  • Escomezar como faco e parar como asno: comezar unha obra con moito ímpeto pero despois deixalo ir.
  • Facerlle tanto coma o burro á vaca: ser un inútil. Pode referirse á incapacidade do burro para cubrir unha vaca, ou a que aquel non pode facer parella con esta no arado.
  • Falar da morte da burra: cambiar de tema, irse do tema principal da conversa.
  • Falso como unha burra: ser traidor.
  • Griñir coma os burros: dise a un ignorante que presume de saber moito.
  • Írselle a un a burra: escapárselle a un o que debía calar.
  • Levar un burro: levar un chasco.
  • Máis besta que un burro: indica a máxima ignorancia [1].
  • Máis falso que unha burra vella: dise da persoa hipócrita e raposeira.
  • Mete-lo burro: avantaxar a outro, adiantarse no traballo. Dise nas faenas agrícolas para sinalar que se rematou o traballo antes que o veciño. Ver bota-lo burro.
  • Non morrer de cornada de burro: dise do que non se expón a ningún perigo por pequeno que sexa.
  • Non poder dar no burro e dar na albarda: castigar a que non ten culpa por non atreverse co verdadeiro culpable.
  • Parecer o burro do paragueiro: andar sempre atrás de alguén.
  • Pexar do burro pra que outro o monte.
  • Prender na burra: dise dun rapaz cando colle unha rabieta.
  • Saírlle a un a burra capada: saír burlado dun empeño, perder nun asunto cando se esperaba o contrario.
  • Ser boa burra: dise da persoa que aparenta unha cousa e resulta se-lo contrario
  • Ser coma lavarlle a cabeza a un burro (e perder auga, xabón e tempo): facer un traballo inútil tratando de ensinar algo a alguén que se nega a aprender.
  • Ser coma o burro do xitano: facer algo cando xa é tarde [2].
  • Ser coma a pata dun burro: moi serio. Tamén corre cos verbos estar ou saír.
  • Ser como os burros da Limia, que apañan o viño e beben auga: dise dos que queren aforrar demasiado, ser un forrón [3].
  • Ser testán coma un burro.
  • Ser un burro cargado de letras: cando un presume de saber moito sen base ningunha.
  • Ser un burro de carga: dise do home disposto e forte para o traballo, do que leva a parte máis pesada ou do que soporta sen queixa os traballos que se lle encargan.
  • Sopas de burro canso/cansado: pan mollado en viño, xeralmente tinto.
  • Te-la boca coma un burro: falar de máis pero sen saber o que se di.
  • Te-la saúde coma un burro: ¿ter moita saúde?
  • Te-las orellas coma un burro: ter as orellas grandes e levantadas.
  • Te-lo burro pola corda: ter controlada unha situación, ter autoridade para o que se quere conseguir [4].
  • Ter tanto bazo coma un burro morto: ser pachorrento, tranquilo de máis.
  • Traballar coma un burro: traballar moito, sen descanso.
  • Traballar máis que un burro: traballar moito, sen descanso.

Notas editar

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  2. A locución vén do conto dun xitano que, cando afixo ó seu burro a non comer, morreulle de fame.
  3. José María Pereda Álvarez.
  4. Equivale ó castelán tener la sartén por el mango.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar