Lo que escondían sus ojos
Lo que escondían sus ojos é unha miniserie de televisión baseada na novela homónima de Nieves Herrero Cerezo, que recrea unha historia de amor entre o ministro franquista Ramón Serrano Suñer e a Marquesa de Llanzol, que se converteu nun escándalo nos círculos sociais máis exclusivos da sociedade do momento e que non chegou a transcender á opinión pública.[1]
Lo que escondían sus ojos | |
---|---|
Intérpretes | Blanca Suárez Rubén Cortada Javier Gutiérrez Pepa Aniorte Javier Rey Emilio Gutiérrez Caba Charlotte Vega Antonio Pagudo Pepa Rus Cristina de Inza David Solans Carlos Santos Ricardo de Barreiro |
País de orixe | España |
Episodios | 4 |
Produción | |
Duración | 75 min. aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Telecinco |
Primeiro episodio | 22 de novembro de 2016 |
Derradeiro episodio | 20 de decembro de 2016 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Producida por Mediaset España para a cadea española Telecinco que foi emitida entre o 22 de novembro e o 20 de decembro de 2016 e está protagonizada por Blanca Suárez e Rubén Cortada.
Sinopse
editarA marquesa de Llanzol (Blanca Suárez), unha muller avanzada ao seu tempo que o tiña todo -beleza, riqueza e posición social- e Ramón Serrano Suñer (Rubén Cortada), cuñado de Francisco Franco, ministro de Asuntos Exteriores e un dos homes fortes do Réxime franquista, namoráronse e viviron un romance clandestino na España da posguerra, unha época na que a Guerra civil española devastara o país e na que nazis e aliados buscaban o apoio da nación nos albores da segunda guerra mundial.[2]
Personaxes
editar- Blanca Suárez é María Sonsoles de Icaza y de León, Marquesa de Llanzol.
- Rubén Cortada é Ramón Serrano Suñer.
- Emilio Gutiérrez Caba é Francisco de Paula Díez de Rivera, Marqués de Llanzol.
- Javier Gutiérrez é Francisco Franco.
- Javier Rey é Cristóbal Balenciaga.
- Pepa Aniorte é Carmen Polo.
- Pepa Rus é Matilde.
- Loreto Mauleón é Zita Polo.
- Charlotte Vega é Carmen Díez de Rivera.
- Víctor Clavijo é Antonio Tovar.
- Antonio Pagudo é Dionisio Ridruejo.
- Cristina de Inza é Beatriz de León y Loynaz.
- Verónika Moral é María Carmen de Icaza y de León.
- Ricardo de Barreiro é Juan.
- Carolina Meijer é Olivia.
- Aïda Ballmann é Hilde.
- Ben Temple.
- Belinda Washington é Pura Huétor.
- Carlos Santos é Emilio.
Episodios e audiencias
editarN.º (serie) |
N.º (temp.) |
Título | Director (es) | Data de emisión | Audiencia |
---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | "Dos mundos opuestos" | Salvador Calvo | 22 de novembro de 2016 | 3 348 000 (19,3%) |
2 | 1 | "A corazón abierto" | Salvador Calvo | 29 de novembro de 2016 | 3 213 000 (18,7%) |
3 | 1 | "Un secretos a voces" | 13 de decembro de 2016 | ||
4 | 1 | "El mundo en nuestra contra" | 20 de decembro de 2016 |
Crítica
editarA serie foi criticada tanto por quen considera que banaliza os crimes cometidos baixo o Réxime franquista como polo escaso rigor histórico.[3]
L'Amical Mauthausen considera que a miniserie constitúe "unha ofensa directa ás vítimas do franquismo e do nazismo e aos seus familiares". Nunha nota de prensa calculan que "uns 5.500 republicanos españois, homes, mulleres e nenos, non saíron xamais dos campos de concentración. 5.500 mortes que son responsabilidade directa de Serrano Suñer".[4]
Notas
editar- ↑ fotogramas.es, ed. (outubro de 2015). "Telecinco completa o elenco de ‘Lo que escondían sus ojos’". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2016.
- ↑ telecinco.es, ed. (setembro de 2015). "Blanca Suárez e Rubén Cortada protagonizarán 'Lo que escondían sus ojos'.".
- ↑ Crítica de «Lo que escondían sus ojos»: Ferrero Suñer en abc.es
- ↑ "Nota de prensa". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2016. Consultado o 03 de decembro de 2016.