Loña do Monte
parroquia eclesiástica galega do arciprestado dos Milagres da diocese de Ourense
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Loña.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Monte.
Loña do Monte | |
---|---|
Igrexa de Loña do Monte | |
Diocese: | Ourense |
Arciprestado: | Os Milagres |
Área: | - km² |
Poboación: | 199 hab. (2015) |
Densidade: | - hab./km² |
Entidades de poboación: | 7 |
San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado dos Milagres da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Nogueira de Ramuín e o de Esgos. No ano 2015 tiña 199 habitantes (91 homes e 108 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 91 habitantes en relación ao ano 2000.
As aldeas da Eirexa, Fondo de Vila, As Raposas, Requeixo, Souto e Vilouriz pertencen ao concello de Nogueira de Ramuín; e a de Gomariz ao concello de Esgos.
Galería de imaxes
editar-
Vista do interior da igrexa de Loña do Monte.