Libro Branco de Rhydderch

manuscritos en lingua galesa
(Redirección desde «Llyfr Gwyn Rhydderch»)

O Libro Branco de Rhydderch (en galés: Llyfr Gwyn Rhydderch) é un dos máis notábeis e famosos manuscritos en lingua galesa.

Historia do manuscrito

editar

Escrito a mediados do século XIV (ca. 1350) é a colección máis antiga de textos galeses en prosa, malia conter tamén algúns exemplos de poesía galesa antiga. Agora forma parte da colección da Biblioteca Nacional de Gales, e antes achábase conservado na biblioteca do anticuario do século XVII Robert Vaughan (Vaughan herdárao do caligrafista John Jones) e pasou aos seus descendentes.

O que foi un só manuscrito encadernouse agora como dous volumes separados que se coñecen como Peniarth MS 4 e Peniarth MS 5. Peniarth MS 4 contén os contos galeses que agora se coñecen colectivamente como os Mabinogion, e Peniarth MS 5 (a primeira parte do manuscrito orixinal) contén textos relixiosos cristiáns en galés, a meirande parte traducidos desde o latín.

O Libro Branco foi copiado a mediados do século XIV, moi probabelmente por Rhydderch ab Ieuan Llwyd (ca. 1325-1400) de Parcrhydderch na parroquia de Llangeitho en Ceredigion. Rhydderch, que viña dunha familia cunha longa tradición de padroado literario, ocupou postos da Coroa Británica e foi tamén unha autoridade sobre a lei galesa nativa. Téñense identificado as mans de cinco escribas nos manuscritos, que moi probabelmente traballaron na abadía de Strata Florida, non lonxe da casa de Rhydderch.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Bibliografía

editar
  • 'White Book of Rhydderch'. In Meic Stephens (Ed.) (1998), The new companion to the literature of Wales. Cardiff : University of Wales Press. ISBN 0-7083-1383-3.
  • Parry, Thomas (1955), A history of Welsh literature. traducido por H. Idris Bell. Oxford : Clarendon Press.