Lloyd deMause
Lloyd deMause, nado en Detroit (Míchigan) o 19 de setembro de 1931, é un pensador social estadounidense coñecido polo seu traballo no campo da psicohistoria.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1931 Detroit, Estados Unidos de América |
Morte | 23 de abril de 2020 (88 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Columbia National Psychological Association for Psychoanalysis (pt) |
Actividade | |
Ocupación | historiador , psicanalista , autor , psicólogo |
Empregador | Universidade da Cidade de Nova York |
Lingua | Lingua inglesa |
Traxectoria editar
DeMause realizou os seus estudos en ciencia política na Universidade de Columbia. Foi o fundador de The Journal of Psychohistory, que ademais edita, e xogou un importante papel na fundación da International PsychoHistory Association (Asociación Internacional de Psicohistoria), un grupo multidisciplinario do cal os seus membros estiveron, en maior ou menor medida (incluso de maneira crítica), influenciados polos seus traballos.
Traballo académico editar
Fixo importantes contribucións ao estudo da psicohistoria, que é o estudo das motivacións psicolóxicas de eventos históricos. Esta tenta comprender a orixe emocional do comportamento social e político de grupos e nacións, pasados e presentes. O seu tema de estudo é a infancia e a familia (especialmente o abuso infantil), e estudos psicolóxicos de antropoloxía e etnoloxía.
Publicacións editar
DeMause publicou máis de 90 artigos académicos e oito libros, entre os que destacan:
- DeMause, Lloyd (1975). A bibliography of psychohistory. Nova York: Garland Pub. ISBN 0-8240-9999-0.
- DeMause, Lloyd (1975). The New psychohistory. Nova York: Psychohistory Press. ISBN 0-914434-01-2.
- Ebel, Henry; DeMause, Lloyd (1977). Jimmy Carter and American fantasy: psychohistorical explorations. Nova York: Two Continents. ISBN 0-8467-0363-7.
- DeMause, Lloyd (1982). Foundations of psychohistory. New York: Creative Roots. ISBN 0-940508-01-X. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2002. Consultado o 21 de setembro de 2012.
- DeMause, Lloyd (1984). Reagan's America. Nova York: Creative Roots. ISBN 0-940508-02-8. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2002. Consultado o 21 de setembro de 2012.
- DeMause, Lloyd (2002). The Emotional Life of Nations. Nova York: Karnac. p. 454. ISBN 1-892746-98-0.
- DeMause, Lloyd (1995 pbk). The History of Childhood. Northvale, New Jersey: Jason Aronson. pp. 450. ISBN 1-56821-551-7.