Liu Na'ou
Liu Na'ou (en chinés: 劉吶鷗), nado como Liu Tsan-po (劉燦波) o 22 de setembro de 1905 e finado o 3 de setembro de 1940, foi un escritor e cineasta, activo en Shanghai durante o período da segunda guerra sino-xaponesa.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Imperio do Xapón |
Morte | 3 de setembro de 1940 (34/35 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e cine |
Ocupación | escritor , editor colaborador , libreiro |
Lingua | Lingua chinesa |
Familia | |
Cónxuxe | Huang Su Zhen |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha importante familia de Tainan (Taiwán), estudou en Taiwán e Toquio (Xapón) e, en 1926, matriculouse na Universidade Católica Aurora (Zhèndàn Dàxué) de Shanghai.[3] Ao final da súa vida, baixo o goberno de Wang Jingwei, que colaborou coa ocupación xaponesa, dirixiu o xornal Guomin Xinwen (Novas nacionais).[4] En setembro de 1940, aos trinta e cinco anos de idade, foi asasinado en Shanghai polo Kuomintang, acusado de colaboracionismo e traizón.[5]
Obra literaria
editarAs súas obras abarcan diferentes xéneros, incluíndo novelas, ensaios, críticas e traducións. O seu estilo literario encaixa no modernismo.[4] O seu traballo máis representativo, a colección de relatos curtos Escenas urbanas, toma prestadas técnicas do movemento xaponés Shinkankakuha (Neosensacionismo ou Escola sensual), e describe as vidas caóticas e paixonais de homes e mulleres urbanos. Liu foi o máis destacado membro do movemento en Shanghai, xunto con Shi Zhecun e Mu Shiying.[6]
Existe tradución inglesa dos seus relatos completos, publicada en 2023,[7] e ao francés de «De l'inconvénient d'avoir tout son temps»[8] e de Scènes de vie à Shanghai.[9] O conto Dos enfermos insensibles al tiempo traduciuse ao español.[10]
Liu traduciu ao chinés relatos xaponeses baixo o título Cultura erótica, e tamén traduciu Sotsiologiya iskusstva (A socioloxía da arte) de Vladimir Friche.[11]
O seu diario de 1927, no que expresa sentimentos ambivalentes cara a Shanghai, consérvase no Museo Nacional Taiwanés de Literatura. É un documento histórico importante para a comprensión do desenvolvemento do movemento neosensacionista en Shanghai.[12]
Obra cinematográfica
editarOs filmes producidos por Liu eran principalmente eróticos, e moitos considéranse perdidos. Estas películas "brandas", tendo ademais en conta o colaboracionismo de Liu coa ocupación xaponesa, considerábanse reaccionarias na China comunista.[5]
Consérvanse fragmentos das súas películas diarísticas, domésticas e persoais englobados baixo o título O home coa cámara, no que rende homenaxe a Dziga Vertov e ao seu Kinoglaz (cine-ollo).[11][13] Neste filme o cineasta filma rostros, escenas familiares, cerimonias, viaxes e paisaxes, tanto da China como do Xapón. A película está dividida en cinco episodios, titulados "Xente", "Procesión", "Paisaxes", "Gaungdong" e "Toquio", filmados en catro cidades: Tainan, Cantón, Shenyang, e Toquio.[14]
En 2019 o músico taiwanés Lim Giong sonorizou a película.[15]
Relatos
editar- Sharen weisui (殺人未遂), (en galego, Intento de asasinato),
- Youxi (遊戲), (en galego, Xogos),
- Fengjing (風景), (en galego, Paisaxe).
- Liu (流), (en galego, Restos).
- Reqing zhi gu (熱情之骨), (en galego, Un home apaixonado).
- Liang ge shijian bu gan zhengzhe (兩個時間的不感症者), (en galego, Dous enfermos insensíbeis ao tempo).
- Liyi he weisheng (禮儀和衛生) (en galego, Hixiene e etiqueta).
- Canliu (殘留), (en galego, Restos).
- Fangchengshi (方程式), (en galego, Ecuación).
Películas
editar- Chi sheyingji de nanren (持攝影機的男人) (1933). En galego, O home coa cámara.
Notas
editar- ↑ "Liu, Na'o (1905–1940)". Routledge Encyclopedia of Modernism.
- ↑ Shih, Shu-Mei (1996). "Gender, Race, and Semicolonialism: Liu Na'ou's Urban Shanghai Landscape". The Journal of Asian Studies 55 (4): 934–956. doi:10.2307/2646529 – vía JSTOR.
- ↑ Hsüeh, Chien-jung (2022-07-23). "劉吶鷗(1905.9.22~1940.9.4)" [Liu Na-ou (1905.9.22~1940.9.4)]. National Museum of Taiwan Literature. Consultado o 2023-10-27.
- ↑ 4,0 4,1 Tsai, Meng-wen (2016). 劉吶鷗及其作品研究 [Research of Liu Na-Ou and his works]. Shih Hsin University. p. 57.
- ↑ 5,0 5,1 "Liu Na'ou and the 1930s Chinese soft film: modernism, film art and politics in Republican era Shanghai". The HKU Scholars Hub.
- ↑ "The New Sensationists". Taylor & Francis Group.
- ↑ Liu, Na'ou (2023). Urban Scenes. Cambria Press. ISBN 9781638571872
- ↑ Publicado en Le Fox-trot de Shanghai et autres nouvelles chinoises, trad. Isabelle Rabut e Angel Pino.
- ↑ Tradución de Marie Laureillard, Serge Safran éditions, 2023.
- ↑ "LIU NA'OU, MU SHIYING, DU HENG. Un paraíso sobre el infierno. Tres cuentos de Shanghai". ¡Hjckrrh!.
- ↑ 11,0 11,1 Hsu, Chin-chen (1998). 重讀臺灣人劉吶鷗(1905-1940):歷史與文化的互動考察 [Rereading Taiwanese Liu Na-ou (1905–1940): An Investigation of Historical and Cultural Interactions]. National Central University, Graduate Institute of Chinese Literature.
- ↑ Peng, Hsiao-yen (2001). 海上說情慾:從張資平到劉吶鷗 [Love Stories at Sea: From Chang Tzu-ping to Liu Na-ou]. Taipei: Preparatory Office of the Institute of Chinese Literature and Philosophy at Academia Sinica, Academia Sinica.
- ↑ "Re-Discovering Liu Na’Ou and His Man with a Camera: Authorial I, Written Diary, and Cinematic Writing" (PDF). Concentric Literature.
- ↑ "The Man Who Has a Camera". letterboxd.com (en inglés). 2023. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ "The Man Who Has a Camera". giloo.ist (en inglés). 2023. Consultado o 2 de xuño de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Man Who Has a Camera (1933), con música de Lim Giong.